Brian Weiss: «Somos almas e imos de corpo en corpo». Gl

Brian Weiss: «Somos almas e imos de corpo en corpo».

El Periódico de Catalunya. Logo.El Periódico de Catalunya (O Xornal de Catalunya). Mércores, 21 de xaneiro do 2009. Opinión. Páxina 80.

A entrevista con Brian Weiss, Psiquiatra especialista en terapia regresiva.

En Estados Unidos atendeu cerca de 4.000 pacientes que teñen recordos das súas vidas pasadas.

Brian Weiss: «Somos almas e imos de corpo en corpo».
Gaspar Hernández.
Tradución: Elisa Borrazás.

Brian Weiss. Argazkia: Joan Cortadellas.
Brian Weiss. Argazkia: Joan Cortadellas.


Brian Weiss. Foto: Joan Cortadellas.

Moita xente da comunidade científica rexeita as súas teorías.–

Si, e ese rexeitamento supón un reto para min desde os anos 80. Os científicos queren estudos e eu traballo cun caso detrás doutro.–

Como se pode demostrar cientificamente a reencarnación?–

En primeiro lugar, mantendo unha mente aberta. Trátase de analizar un caso tras outro e desenvolver unha hipótese. Hai moitos científicos que esqueceron que a base da ciencia é ter unha mente aberta e non ir polo mundo con ideas preconcibidas. Eu recomendo aos meus colegas médicos que proben a terapia regresiva, e verán.–

A que chama vostede «vida pasada»?–

A un recordo que tes de ti, onde te recoñeces con outro corpo, noutro tempo, pero sabendo sen ningunha dúbida que es ti. Este recordo pódelo ter de moitas formas, mesmo en soños, e pode chegar a explicar un medo do presente.–

Por ejemplo?–

Se nunha vida pasada afogaches, pode ser que agora sintas un medo terrible á auga.–

E se teño medo ás alturas?–

Pode ser que nunha vida pasada te empurraran desde o alto dun castelo. Adoito traballar con pacientes que acoden a min con síntomas parecidos.–

E se non teño traumas, nin grandes medos?–

A miña muller traballa con xente como vostede, xente que ten memorias de vidas pasadas que non son traumáticas, e que só senten curiosidade. Nos súas outras vidas, estas persoas non sufriron ningún trauma. Ela refírese a eles como «os turistas das vidas pasadas».–

Só turistas. Non fixeron nada de proveito?–

Mesmo para o turista, ter un recordo da vida pasada é moi importante. Significa que non só somos un corpo físico, senón unha alma que vai de corpo en corpo.–

E a morte?–

O feito de que sexamos almas implica que non debemos ter tanto medo á morte. E tampouco teriamos que sufrir uns períodos de duelo tan longos como os que gardamos na nosa sociedade, porque en realidade somos inmortais e sempre nos imos a reencontrar cos nosos seres queridos.–

Que bonito. Parece un conto.–

É bonito, si. Con todo, que unha idea sexa reconfortante non significa que sexa certa. Pero esta asegúrolle que si que o é. A maioría de tradicións relixiosas cren na reencarnación. Incluso o cristianismo aceptaba a reencarnación até bastante despois de Cristo. Na Biblia había, antigamente, moitas referencias a ela.–

Di vostede que somos unha alma que se vai reencarnando en distintos corpos. Pero a poboación mundial aumenta. Entón faltan almas, non?–

Por que debemos dar por sentado que a Terra é o único lugar onde existen almas?–

Ah, pois non caera!–

As almas existen en moitas dimensións e en moitos universos. A Terra é só un pequeno planeta entre millóns de universos.–

E por que veñen as almas cara aquí?–

Séntense atraídas cara aquí porque nós vivimos en corpos físicos, e sentimos e vivimos dunha certa maneira a través dos nosos sentidos. Pero a cantidade de almas que hai na Terra é minúscula comparada coas que hai por todo o universo. E tamén hai almas que se dividen e teñen máis dunha experiencia á vez.–

Vostede fai terapia regresiva mediante hipnosis, pero hai outros camiños.–

Hai moitos outros camiños, como a meditación, o ioga ou os soños.–

E os déjà vu?–

Si, hai persoas que teñen un déjà vu e en realidade están a ter un recordo de vida pasada. Van a unha cidade por primeira vez e danse conta de que saben atopar as rúas: estiveron alí durante unha vida pasada. Moita xente tivo unha experiencia de vida pasada, ou extracorpórea, e non está tola. Pero, como non leu nada, non sabe que lle pasa. Informar a través do seu xornal pode axudar a moita xente a non sentirse raros.–

Que lle din os seus mestres do máis aló?–

O de sempre, porque é unha sabedoría antiga. Teño dúas fontes para recibir información dos meus mestres: a través dos meus pacientes hipnotizados e da miña meditación. As mensaxes están relacionadas co desexo de máis paz e menos violencia neste planeta. Temos que lembrar que somos seres espirituais, que esta é a nosa verdadeira natureza. Estamos aquí para aprender sobre o amor e a compaixón. Estamos todos interconectados. Cando facemos dano a alguén, facémonos dano a nós mesmos.–

Ante todo, meditar.

O doutor Brian Weiss (Nova York, 1944) dirixiu o Departamento de Psiquiatría da Facultade de Medicina de Yale e agora é presidente de honra do Departamento de Psiquiatría do Mount Sinai de Miami. Pola súa consulta pasaron 4.000 pacientes que cren terse reencarnado. Está en Barcelona convidado o Fórum da Excelencia. É un home de aparencia fráxil, ensoñado, con jet lag. O primeiro que fixo no hotel é meditar. Para el, meditar é «como durmir ou comer».