Listas de correo Gl

Listas de correo do sitio web «En cuerpo y alma».

Temos á vosa disposición un servizo de mensaxería, mediante o sistema «PHP List», para darvos a coñecer as novidades do sitio web «En cuerpo y alma». As noticias están relacionadas coa evolución espiritual mediante a reencarnación coa axuda das testemuñas, como os dos practicantes da Terapia de Vidas Pasadas (TVP) e a Terapia da Posesión Espiritual (TPE). A definición fundacional dos nosos obxectivos está determinada nesta ligazón.

Actualmente, ofrecemos os seguintes tipos de listaxes públicas aos cales vos podedes subscribir:

  • Listaxe en castelán (newsletter-animaweb-castellano).

  • Listaxe en catalán (newsletter-animaweb-catala).

  • Listaxe en inglés (newsletter-animaweb-english).

Para darvos de alta ou de baixa dentro dunha ou máis das nosas listaxes, tedes que encher o formulario respectivo que aparecerá na seguinte ligazón e responder á verificación que vos virá á dirección de correo electrónica que sinalastes. Coa resposta a esta verificación asegurámonos que sodes vós quen solicitades recibir as nosas mensaxes.

Ligazón para solicitar altas e baixas na listaxe:

http://lista.animaweb.cat/

Pantalla que vos aparecerá cando accedades á ligazón precedente:

Ligazón para solicitar altas ou modificacións:

http://lista.animaweb.cat/?p=subscribe&ide=3

Pantalla que vos aparecerá cando accedades á ligazón precedente:

Ligazón para darvos de baixa:

http://lista.animaweb.cat/?p=unsubscribe&ide=3

Pantalla que vos aparecerá cando accedades á ligazón precedente:

Se vos dades de alta, asegurádevos que a nosa dirección de correo electrónica info  animaweb.cat estea dada de alta na listaxe de direccións do voso xestor de correo, para que as nosas mensaxes non vaian parar dentro da vosa papeleira de correo lixo.

Igualmente verificade que as nosas mensaxes non vaian parar á papeleira de correo lixo ata que o voso xestor de correo aprendese a recoñecer a nosa dirección como un remitente fiable.

Moitas grazas pola vosa colaboración e interés.

Equipo de «En cuerpo y alma».
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.