Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para «La Nación» en galego.

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para «La Nación» en galego.

Bandeira galega animada.Informámosvos que temos á disposición dos internautas de lingua galega a tradución a este idioma da entrevista concedida ao Doutor José Luís Cabouli para o rotativo arxentino «La Nación». Cada unha das diferentes entrevistas dispoñibles está accesible desde a páxina de Entrevistas, en cada unha das linguas existentes no noso sitio web.

La Nación. Logo.Neste texto, o Doutor Cabouli relata como decidiu abandonar a cirurxía do corpo para pasar á que el denomina cirurxía da alma. Posteriormente foi perfeccionando a súa técnica, tanto na Terapia de Vidas Pasadas (TVP) como na Terapia de la Posesión Espiritual (TPE), que ficou reflectida na evolución dos seus diferentes libros.

Agradecemos ao profesor Vicenzo Reboleiro González esta tradución, que amplía o coñecemento desta realidade na lingua de Eduardo Pondal.

Equipo del sitio web «En cuerpo y alma».
Domingo, 1 de Agosto de 2021.
Tradución de la entrada: Vicenzo Reboleiro González.

A continuación vos informamos da ligazón da entrevista dispoñible en galego:

José Luís Cabouli: «Quixen ser un cirurxián de almas».
Por Luís Aubele. Entrevista publicada no diario «La Nación», Buenos Aires, 22‑03‑2009.
«Que fun antes de ser José Luís?», comezou a preguntarse cando tiña 8 anos. O curioso é que daquela nunca tiña ouvido falar de reencarnación; non só non sabía o que era, senón que nin sequera coñecía a palabra. «Só uns anos máis tarde, entre os 15 e os 16, souben de que se trataba. Así e todo, tiveron que pasar 20 anos máis, cando xa era un cirurxián plástico con anos de exercicio, para que entendese que a reencarnación podía ter unha finalidade terapéutica», lembra José Luís Cabouli, médico e terapeuta especializado en Terapia de Vidas Pasadas (…).
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.