Testemuño de Cristina en galego.

Testemuño de Cristina en galego.

Bandeira galega animada.Informámosvos que os falantes de lingua galega xa teñen á súa disposición o testemuño de Cristina, pertencente ao libro «Atrapamiento y recuperación del alma», do Doutor José Luís Cabouli.

Trátase dun caso onde unha paciente está bloqueada nos seus progresos na vida actual e revive un pacto coa escuridade realizado nunha vida anterior.Trátase dunha situación relativamente frecuente entre os pacientes do Doutor Cabouli e é por este motivo que este caso foi escollido polo terapeuta para ser publicado dentro do noso sitio web. Agradecemos unha vez más este ofrecemento ao Doutor Cabouli, así como o bo labor de tradución realizado polo profesor de lingua galega Vicenzo Reboleiro González.

Equipo do sitio web «En cuerpo y alma».
Mércores, 6 de Abril de 2022.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da páxina traducida ao galego:

Testemuño de Cristina. Un pacto coa escuridade.
A paciente, que neste relato toma o nome de Cristina, sofre varios bloqueos á hora de poder levar a cabo os seus propósitos na súa vida actual. Coa axuda do terapeuta ela visualiza unha vida pasada onde se xeraron estes síntomas, cando foi un home que establece un pacto coa escuridade para conseguir poder e aceptación social polos membros dunha seita. Cristina, asistida polo terapeuta, pode desfacer o pacto que a limitaba, sanar os males realizados e resolver os bloqueos a que estaba suxeita (…).
Doutor José Luís Cabouli. Atrapamento e recuperación da alma. Terapia de vidas pasadas: Un novo paradigma. Edicións Continente. Páxinas 123 a 134.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.