Testemuño de Orfeo en galego.

Testemuño de Orfeo en galego.

Bandeira galega animada.Informámosvos que os falantes de lingua galega xa teñen á sua disposición o testemuño de Orfeo, pertencente ao libro «Terapia de la posesión espiritual», do Doutor José Luís Cabouli.

É un caso dun paciente que nunha sesión anterior rompera un pacto coa escuridade establecido nunha vida anterior, mais tiña diferentes entidades habitando o su corpo etérico. Mediante o traballo conxunto entre terapeuta e paciente, este último presta as suas cordas vocais para que as entidades que o habitan podan, sucesivamente, dialogar co terapeuta. Este infórmaas e fainas conscientes da súa situación presente, axudándoas a que se dirixan cara á luz e continuar o seu ciclo de encarnacións sucesivas.

Este caso foi escollido polo Doutor Cabouli para ser publicado dentro do noso sitio web. Agradecemos unha vez máis este ofrecemento ao Doutor Cabouli e o bo labor de tradución ao Profesor de lingua galega Vicenzo Reboleiro González.

Equipo do sitio web «En cuerpo y alma».
Mércores, 5 de maio del 2022.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da páxina traducida ao galego:

Testemuño de Orfeo. Terapia de posesión espiritual.
O paciente que aquí toma o nome de Orfeo saíu dunha sesión onde superou un pacto coa escuridade dunha vida anterior. Na sesión presente o terapeuta detecta a presenza de diferentes entidades desencarnadas que entraron dentro do paciente, aproveitando o seu estado anterior. O terapeuta dialoga con cada unha destas entidades que se manifestan utilizando a voz e as cordas vocais de Orfeo, axudándoas a atopar o camiño da Luz. Deste xeito, liberan o seu hóspede de trastornos e poden volver retomar o ciclo de encarnacións sucesivas.
Doutor José Luís Cabouli. Terapia da posesión espiritual. Técnica e práctica clínica. Edicións Continente. Páxinas 270 a 285.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.