Bibliografía do Doutor José Luís Cabouli. Gl

Bibliografía do Doutor José Luís Cabouli.

Tradución: Elisa Borrazás.

Terapia de Vidas Pasadas. Técnica e práctica (Terapia de Vidas Pasadas. Técnica y práctica). ISBN: 9789507540257. Editorial Continente (http://www.edicontinente.com.ar). Formato: 230 x 155 x 20 mm (Rústica con solapa). Páxinas: 320. Publicación: 26/09/1995. Idioma: castelán.

Vivimos outras vidas antes desta? É posible que hoxe, na nosa vida presente, reaccionemos sen sabelo ao influxo de antigas emocións non resoltas?

Moitas persoas que atravesaron pola experiencia de regresión, descubriron que os síntomas e conflitos que as perturban desaparecían ou se resolvían ao revivir escenas das súas vidas anteriores. Por primeira vez un médico arxentino revela a súa experiencia clínica coa Terapia de Vidas Pasadas e explica, de xeito claro e ameno, a través de historias reais, a técnica que utiliza na súa práctica privada.

Terapia de Vidas Pasadas, un libro que xa é un clásico da psicoloxía transpersoal.

A Viaxe da alma. Experiencias da vida entre as vidas (El Viaje del Alma. Experiencias de la vida entre las vidas). ISBN: 9789507541926. Editorial Continente (http://www.edicontinente.com.ar). Formato: 230 x 155 x mm (Rústica con solapa). Páxinas: 224. Publicación: 09/11/2006. Idioma: castelán.

Aínda que non o lembremos, todos volvemos da morte. Pero, que cousa é iso que chamamos «morte»? Que nos ocorre despois da morte? Onde imos? Que nos agarda?

Neste libro, a resposta chéganos directamente das persoas que, a través da Terapia de Vidas Pasadas, experimentaron a continuidade da súa consciencia máis aló da existencia física.

Partindo da experiencia da morte, percorrendo o espazo entre vidas até chegar ao momento de volver nacer, o seu autor, o Dr. José Luís Cabouli de vasta experiencia na práctica terapéutica de regresión a vidas pasadas, condúcenos nunha viaxe de ida e volta no camiño da alma.

Unha viaxe onde se nos revela como unha certeza a sabia reflexión de Apolonio de Tiana:

«Nada nace, nada morre en realidade. Ningunha persoa morre senón en aparencia. Ningunha persoa nace senón en aparencia. A pasaxe da esencia á substancia, é o que se chama «nacer» e, pola contra, o que se chama «morrer» é a pasaxe da substancia á esencia».

La Vida antes de Nacer. Viaje al origen de nuestra historia personal. ISBN: 9789507540738. Editorial Continente (http://www.edicontinente.com.ar). Formato: 230 x 155 x 19 mm (Rústica con solapa). Páginas: 256. Publicación: 26/04/2000.

A Vida antes de Nacer. Viaxe á orixe da nosa historia persoal (La Vida antes de Nacer. Viaje al origen de nuestra historia personal). ISBN: 9789507540738. Editorial Continente (http://www.edicontinente.com.ar). Formato: 230 x 155 x 19 mm (Rústica con solapa). Páxinas: 256. Publicación: 26/04/2000. Idioma: castelán.

Pode unha nai influír no psiquismo do seu fillo antes do nacemento? É o mesmo nacer de parto natural que por cesárea? Como é nacer baixo anestesia xeral? E con fórceps? E con circular de cordón? Que sucede coa alma despois da interrupción do embarazo? De que falan os xemelgos antes de nacer? Todo o que nunca imaxinou sobre a vida do bebé antes de nacer saberao directamente a través do relato daqueles que reviviron a vida intrauterina en regresión. Un libro revelador para pais, terapeutas, obstetras e todos aqueles interesados neste fascinante período da vida.

O Traballo da alma. Que é a Terapia de Vidas Pasadas? (El Trabajo del Alma. ¿Qué es la Terapia de Vidas Pasadas?). ISBN: 9789507541087. Editorial Continente (http://www.edicontinente.com.ar). Formato: 230 x 155 x 9 mm (Rústica con solapa). Páxinas: 128. Publicación: 05/08/2004. Idioma: castelán.

Que é a Terapia de Vidas Pasadas? En que se basea? Como funciona? Como se traballa? Que cousas pode resolver? Cales son os verdadeiros alcances desta técnica terapéutica?

Historias reais de fobias, medos, afogos nocturnos e asma bronquial, entre outras, son o medio elixido polo autor para responder amplamente a estes interrogantes, ao tempo que nos mergulla nos carreiros da alma humana.

Un coñecemento e un ensino máis profundos subxacen en cada unha destas historias. Do mesmo xeito que a maioría das persoas, os protagonistas consultaron pola súa dor sen saber que finalmente irían atoparse coa súa alma. Máis aló da dor e das emocións a resolver está a aprendizaxe da alma.

Terapia da Posesión Espiritual. Técnica e práctica clínica (Terapia de la Posesión Espiritual. Técnica y práctica clínica). ISBN: 9789507543807. Editorial Continente (http://www.edicontinente.com.ar). Formato: 230 x 155 x 25 mm (Rústica con solapa). Páxinas: 360. Publicación: 18/09/2012. Idioma: castelán.

Algunha vez a súa parella lle dixo que hai momentos nos que vostede parece outra persoa? Ou sentiu que hai momentos nos que non é vostede? Algunha vez experimentou coma se houbese outra vontade no seu interior que o impulsase a facer cousas que non quería facer? Ou, pola contra, sentiu que algo inexplicable o frea ou o obstaculiza cada vez que quere emprender unha tarefa importante? Tivo pensamentos estraños ou obsesivos coma se estes non lle pertencesen?

É posible que no noso comportamento e decisións vitais sexamos influenciados mental e emocionalmente pola acción dunha enerxía pensante estraña?

No transcurso do traballo terapéutico coa regresión é frecuente que o terapeuta descubra que os síntomas que presenta o paciente non se deben a un trauma padecido por este senón ao accionar unha enerxía estraña que invadiu o subconsciente da persoa. Esta invasión do subconsciente é o que clasicamente se coñeceu como a posesión espiritual.

Con valentía, claridade e coa sinxeleza que o caracteriza, o Dr. José Luís Cabouli, mestre recoñecido en Terapia de Vidas Pasadas, revela aquí mediante historias reais a súa experiencia clínica de dezaoito anos no traballo terapéutico co fenómeno da posesión espiritual.

Un libro apaixonante, emotivo e revelador, que responde a estes interrogantes e abre un camiño real para a resolución de moitos conflitos mentais e emocionais.

Terapia da Posesión Espiritual. Técnica e práctica clínica (Terapia de la Posesión Espiritual. Técnica y práctica clínica). ISBN: 976-84-96381-36-0. Edicións Índigo. Primeira edición: Xuño de 2006. Segunda edición: Xuño de 2010. Idioma: castelán.

O Propósito da alma. Cal é a nosa misión nesta vida (El Propósito del Alma. Cuál es nuestra misión en esta vida). ISBN: 9789507543531. Editorial Continente (http://www.edicontinente.com.ar). Formato: 230 x 155 x 15 mm (Rústica con solapa). Páxinas: 192. Publicación: 24/07/2012. Idioma: castelán.

Para que estamos aquí, nesta vida? Que é o que viñemos facer? Cal é a nosa misión nesta vida? Cal é o sentido da vida?

Todos, absolutamente todos, temos un propósito a cumprir nesta vida. Este propósito forma parte do proceso de aprendizaxe, de evolución e de crecemento da nosa alma e constitúe a esencia e o sentido da nosa vida no corpo físico.

Estamos aquí, neste mundo, cun propósito claro e preciso que foi definido pola nosa alma antes de encarnar.

Completando a triloxía iniciada con «A viaxe da alma» e «O traballo da alma», o doutor José Luís Cabouli, recoñecido autor e mestre en terapia de vidas pasadas, mergúllanos na aventura da alma dende o intre no que se diagrama o noso plan de vida até o momento da nosa aparición neste mundo. Para que estamos aquí, como se define o propósito da alma, como se determinan os seres que serán os nosos pais, son algúns dos interrogantes que son dilucidados a través do relato de persoas que vivenciaron por medio da regresión a experiencia da preparación do seu propósito para esta vida.

Atrapamento e recuperación da alma. Terapia de Vidas Pasadas: unha novo paradigma (Atrapamiento y recuperación del alma. Terapia de Vidas Pasadas: un nuevo paradigma). ISBN: 9789507544620. Editorial Continente (http://www.edicontinente.com.ar). Formato: 230 x 155 x 15 mm (Rústica con solapa). Páxinas: 256. Publicación: 30/07/2014. Idioma: castelán.

As vidas pasadas, son vidas pasadas ou son vidas simultáneas? É posible que en situacións traumáticas perdamos unha parte da nosa alma? E se é así, é posible recuperar o fragmento que se perdeu?

Tras escribir sobre a técnica básica, o espazo entre vidas, a vida antes de nacer, o propósito da alma e a influencia das almas perdidas na xénese dalgúns disturbios emocionais, o autor presenta aquí un enfoque novo da terapia de vidas pasadas como corolario da súa experiencia de vinte e sete anos na práctica clínica e máis de seis mil regresións conducidas.

Atrapamento da alma, multisimultaneidade, perda e recuperación da alma, promesas, pactos e maldicións son algúns dos conceptos que conforman un novo paradigma e unha comprensión diferente da terapia de vidas pasadas. Un libro que revoluciona o concepto acerca desta terapia; revelador e atractivo para o público en xeral, servirá de guía para os profesionais interesados nesta técnica transpersoal.