Bibliografía do Doutor Michael Newton. Gl

Bibliografía do Doutor Michael Newton.

Tradución: Elisa Borrazás.

A viaxe das almas. Estudos de casos da vida entre vidas (Journey of Souls). 1994.

A viaxe das almas. Estudos de casos da vida entre vidas (Journey of Souls). 1994.

Con case un millón de exemplares vendidos en todo o mundo, A viaxe das almas está considerado un clásico de referencia sobre a reencarnación e o que lle sucede á alma durante a vida entre vidas, é dicir, durante o período de desencarnación que ten lugar entre a morte e o renacemento.

A viaxe das almas recolle as narracións de vinte e nove pacientes do Dr. Michael Newton, os cales en estado supraconsciente revelan os seus recordos máis profundos e relatan de forma emotiva o que ocorre despois da morte física, describindo polo miúdo como é en realidade o mundo espiritual, que sucede mentres estamos desencarnados e por que regresamos ao plano físico en determinados corpos.

A través desas impresionantes historias descubrirás:

  • Que se sente ao morrer.

  • Que é o que se ve e sente despois da morte.

  • A verdade sobre os «guías espirituais».

  • O propósito da vida e a manifestación dun «Creador».

  • Como aprendemos a recoñecer as nosas almas xemelgas na Terra.

  • O tres niveis da alma: principiante, intermedia e avanzada.

  • Que lles sucede ás almas «perturbadas».

  • Por que somos asignados a certos grupos de almas no mundo espiritual e que tarefa desempeñamos alí.

Destino das almas. Un eterno crecemento espiritual (Destiny of Souls). 2000.

Destino das almas. Un eterno crecemento espiritual (Destiny of Souls). 2000.

Destino das almas presenta os resultados impactantes das investigacións realizadas polo recoñecido psicólogo hipnoterapeuta Dr. Michael Newton, quen a través do seu innovador método de hipnoterapia presenta o estudo de 55 casos de persoas que lembran en detalle as súas vidas anteriores.

É un libro deseñado para quen desexan aventurarse por primeira vez na temática da vida despois da morte, e achega valiosa información a quen xa coñecen os estudos do Dr. Newton, á vez que permite explorar o significado da memoria espiritual mentres se len as historias de persoas en profunda hipnosis. E permitirache comprender:

  • Cal é o noso propósito na Terra?

  • Os sitios espirituais cara a onde van as almas despois da morte.

  • As formas de comunicación entre os espíritos e os seres vivos.

  • Aos guías espirituais e ao Consello de Maiores que nos entrevistan despois de cada vida.

  • Ás almas compañeiras.

  • As unións entre grupos de almas e familias.

  • A viaxe das almas a través do tempo.

  • A conexión entre a alma e o cerebro.

  • Por que escollemos certos corpos?

A vida entre vidas. Novas evidencias sobre a existencia doutras vidas despois da morte e a inmortalidade da alma (Life Between Lives Hypnotherapy). 2004.

A vida entre vidas. Novas evidencias sobre a existencia doutras vidas despois da morte e a inmortalidade da alma (Life Between Lives Hypnotherapy). 2004.

Nesta obra, composta como un «diario de viaxe» das experiencias de vinte e nove persoas ás que se induciu a un nivel de superconsciencia hipnótica, descríbense de maneira conmovedora as diferentes incidencias destas persoas nas súas outras reencarnaciones na Terra. É así como se nos revelan detalles sobre que se sente ao morrer, quen nos espera despois da morte, como é o mundo dos espíritos ou por que eliximos reencarnarnos en determinados seres.

  • Cal é a finalidade da vida e como podemos recoñecer nela a presenza do Creador.

  • Como son e que papel desempeñan os guías espirituais.

  • Que tipo de axuda recibimos para orientarnos no novo mundo.

  • Que sucede no mundo espiritual coas almas dos suicidas.

  • Cal é a auténtica verdade sobre a existencia do ceo e o inferno.

Memorias da alma. A vida entre vidas. Historia de transformación persoal (Memories of the Afterlife). 2009.

Memorias da alma. A vida entre vidas. Historia de transformación persoal (Memories of the Afterlife). 2009.

O doutor Michael Newton, autor dos grandes éxitos de vendas Destino das almas e Journey of Souls, retorna cunha serie de casos estudados que resaltan o profundo impacto da regresión espiritual na vida cotiá da xente.

Recollidos de distintas partes do mundo, estes fascinantes relatos foron coidadosamente seleccionados e presentados por hipnoterapeutas certificados polo Newton Institute, e editados polo doutor Newton.

Despois de lembrar escenas das súas vidas pasadas, os que participaron nestes estudos embarcáronse en camiños espirituais que transformaron as súas vidas: reuníronse coas súas parellas espirituais e espíritos guía, e descubriron as consecuencias e ramificacións das eleccións realizadas na Terra, das relacións amorosas e dos soños, todo iso tras comulgar coas súas almas inmortais.

Como consecuencia, estas perlas de autocoñecemento reveladas produciron experiencias que permitiron a esas persoas entender as adversidades sufridas nas súas vidas, e, doutra banda, sanar as súas emocións, tomar conciencia do seu verdadeiro propósito e enriquecer as súas vidas cun novo significado.