José Luís Cabouli: «Hai casos de xente coa alma de irmáns mortos». Gl

José Luís Cabouli: «Hai casos de xente coa alma de irmáns mortos».

La Verdad. Logotipo.La Verdad (A Verdade). Venres, 25 de maio de 2012.

«Hai casos de xente coa alma de irmáns mortos».

José Luís Cabouli. Especialista en terapia regresiva.

Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

O experto utiliza unha técnica de regresión a vidas pasadas para resolver conflitos e problemas psicolóxicos dos seus pacientes.

O especialista arxentino José Luís Cabouli. A. C.
O especialista arxentino José Luís Cabouli. A. C.

O especialista arxentino José Luís Cabouli. A. C.

M. T. B. Elxe. A terapia que practica nada ten que ver con maxia, hipnotismo ou sesións esotéricas. O doutor José Luís Cabouli (Buenos Aires, Arxentina, 1950), un referente mundial en terapia regresiva, defende que revivir experiencias traumáticas de vidas pasadas resolve conflitos e problemas psicolóxicos, como fobias e medos. Os casos máis impactantes que tratou en 25 anos de exercicio son de pacientes que descobren que se reencarnou neles a alma dun irmán falecido. Este licenciado en Medicina, que foi cirurxián plástico, ofrece esta fin de semana unha charla e un seminario no centro de terapias naturais Espígol.

Hai que crer para que a terapia regresiva sexa eficaz?–

–Non, nada ten que ver con crenzas, é para todo o mundo.–

Cal é o seu obxectivo?–

–Trátase da sanación das feridas da alma e dos traumas. Utilízase para tratarmos problemas psicolóxicos, como depresións, fobias, medos… mesmo dores para as cales non hai causa médica, como certas cefaleas ou neuralxias.–

Defende que a causa está noutras vidas que vivimos?–

–En vidas pasadas e mesmo na primeira infancia, no momento do noso nacemento ou durante a vida fetal. As experiencias están no subconsciente e hai que buscar o motivo traumático orixinal, porque sempre hai algún, e revivilo para poder superalo.–

E como é posible?–

–Cando traballas coas emocións comezan a emerxer experiencias que non pertencen ao ámbito da vida cotiá e xorden de forma natural. A través das emocións o paciente entra nun estado expandido de conciencia. A clave é que para a alma o tempo non existe. Por exemplo, unha persoa que teña medo ao mar ou a se embarcar poida que teña vivido o afundimento do Titanic nunha vida pasada. O corpo morreu pero a alma continúa atrapada nese momento, nunha experiencia que non ten fin e que se instalou na vida presente.–

Como axuda aos seus pacientes a revivilas sen recorrer á hipnose?–

–Ten que focalizar esa sensación e sentila profundamente até que poida asemellar esa sensación ao que a provocou. O que te cura é a revivencia no corpo, e iso é a parte dura; por exemplo, se os seus problemas respiratorios ou afogos están relacionados con que morreu na forca, ten que chegar a sentir a soga no pescozo. Así a alma pode desprenderse dese trauma e terminar con el.–

E no caso do nacemento ou a vida fetal?–

–Se o momento do noso nacemento foi traumático, pode espertar esa experiencia doutra vida pasada. Tamén no seo materno, todo o que lle pasa á nai, o feto víveo como propio. Ás veces, as depresións e o medo poden vir do ventre materno.–

Dígame o caso máis impactante que atendeu na súa consulta?–

–Algúns dos máis impactantes ocorren cando un adulto descobre, ao traballarmos coa regresión, que foi o irmán maior que morreu antes de que nacese. En familias con fillos falecidos hai moitas probabilidades de que a súa alma se reencarne noutro irmán.–