«O crédito cósmico» polo Doutor José Luís Cabouli. Conferencia en castelán subtitulada en galego. Gl

«O crédito cósmico» polo Doutor José Luís Cabouli. Conferencia en castelán subtitulada en galego.

«O crédito cósmico» polo Doutor José Luís Cabouli. Conferencia en castelán subtitulada en galego.
https://odysee.com/@animaweb:b/Doctor_Jose_Luis_Cabouli_El_credito_cosmico_castellano_subtitulado_galego:0

Fragmento da conferencia titulada «La vida antes de nacer» do Doutor José Luís Cabouli celebrada na Sala Polivalente del Soleràs (Las Garrigues, Cataluña) o sábado, 29 de agosto de 2020.

Esta conferencia presenta o libro do mesmo título escrito polo Doutor Cabouli e baséase no diálogo con pacientes sometidos a terapia regresiva onde estes reviven experiencias, ben en vidas anteriores, ou no período entre vidas, na súa concepción, na súa xestación dentro do ventre da nai, ou ben no seu nacemento. O obxectivo é sanar fobias ou traumas do pasado, ou ben asumir leccións de vida pendentes de seren aprendidas.

Na presente pasaxe, o Doutor Cabouli introduce os asistentes ao acto nun concepto, «El crédito cósmico», relativo a un estado compartido co de «karma» ou «débeda» mais de polaridade contraria. En virtude do saldo cualitativo da alma individual pódese determinar certa capacidade de elección pola súa parte. Por exemplo, para poder escoller certas condicións da súa encarnación futura.

Pedimos desculpas porque, debido ás normas establecidas para a celebración do evento, tívose que establecer unha separación entre os diferentes asistentes e o requisito incómodo de levar mascarilla, máis incómodo aínda para aquelas mulleres asistentes que podan ter estado preocupadas pola súa propia xestación. Facía falta que o acto fose autorizado, e até o momento da súa celebración non estabamos seguros que o evento se puidese facer e se habería unha nova oportunidade de poder facer outro nos días seguintes nas Terras do Poñente catalán.

Agradecemos ao campesiño ecolóxico Josep Pàmies e á sua muller o feito de teren vido desde Balaguer a asistir a este evento e desculpámonos moi sinceramente con este defensor da saúde por dous motivos: por terlle pedido que se puxera máscara facial cando chegou e tamén porque no video do evento completo, onde el intervén como público, non aparece a parte da súa intervención protestando por ter sido obrigado a poñela.

Sabemos que hai expertos en ciencia e medicina que cuestionan con argumentos non desprezables a necesidade destas medidas de control. Por outra parte, hai unha necesidade perentoria de dar a coñecer de maneira pública e presencial a Terapia de Vidas Pasadas (TVP) e a Terapia de la Posesión Espiritual (TPE) ante a posible enorme cantidade de mostras de sufrimento humano acumulado que calculamos hai pendente de resolver entre todas as almas encarnadas e desencarnadas da Humanidade, producido ao longo da súa historia, que require que se coñeza esta necesidade, sen máis dilación, entre toda a poboación.

Video orixinal: Manuel Marsan. Colaboración nos subtítulos: Xavier Climent. Edición subtítulos: Brauli Tamarit. Organiza: Asociación Cultural de Mulleres Elaia. Colabora: Axuntamento del Soleràs.

Perfil da publicación de «Odysee»: Animaweb. Conferencias en galego. Data de publicación en «Odysee»: Martes, 18 de outubro de 2022. Última versión: Xoves, 9 de novembro de 2023. Duración do video: 3 minutos e 33 segundos. Idioma: voz en castelán con subtítulos en galego.

Fonte do vídeo orixinal:

https://www.youtube.com/watch?v=WDqrLCJN9D4

Tradución: Vicenzo Reboleiro González.