VI Congreso Internacional de Terapia Regresiva 28, 29, 30 e 31 de maio de 2026.

VI Congreso Internacional de Terapia Regresiva 28, 29, 30 e 31 de maio de 2026

https://asoc-terapia-regresiva.es/vi-congreso-internacional-santiago-2026/

30 expertos internacionais
18 relatorios e 12 seminarios

Tradución ao castelán de relatorios e seminarios noutros idiomas.

Aberta a inscrición ao congreso.

Modalidades posibles:

  • Só relatorios, coma o antigo simposio.

  • Todos os seminarios e os relatorios.

  • Algún seminario solto e os relatorios.

La AETR tén un acordo co hotel Exe Peregrino, onde se celebrará con condicións vantaxosas e un pack con actividades. O número de plazas a cargo de AETR son limitadas e resérvase a través da web da AETR.

Máis abaixo na páxina tendes os botóns para os modos de inscrición e para as reservas do hotel.

Ligazón para información e reservas no hotel:

https://asoc-terapia-regresiva.es/hotel-vi-congreso-internacional-2026/

Inscrición a todos ou a algúns seminarios, e aos relatorios:

https://asoc-terapia-regresiva.es/inscripcion-congreso-2026/

Lembrámosvos que o aeropuerto de Santiago parece que pode continuar en obras nas datas do Congreso, o máis próximo é A Coruña (LCG) Alvedro a 65 km e o Aeroporto de Vigo (VGO) Peinador a 90 km.

O Congreso inclúe dous tipos de actividades, ambas as dúas poderanse ver presencialmente e en línea independentemente de como se celebren:

  • Os relatorios teóricos. Un total de 10 relatorios serán pregravados e 8 en directo desde Santiago de Compostela.

  • Os seminarios teórico-prácticos que se desenvolverán presencialmente en directo desde Santiago de Compostela.

Inscribirse para ver a gravación de un ou varios seminarios inclúe ademais o acceso a todos os relatorios.

Inscrición a todos ou a algúns seminarios, e aos relatorios.

Se tedes algún problema co formulario, por favor escribide a congreso@aetr.es

É necesaria unha doazón mínima para acceder. Existe un pack con todos os seminarios, e hai un pack á parte con só os relatorios. O acceso aos seminarios leva xa incluído o acceso a todos os relatorios.

Os socios de AETR poden facer invitacións.

Seminarios soltos 60€ de doazón por cada un ao que se queira acceder.

Para ver só os relatorios existe un pack con todos os relatorios. A doazón depende do lugar de residencia. Para Hispanoamérica 15€. Para o resto do mundo 25€.

A continuación as doazóns mínimas para o acceso a todos os seminarios nun pack completo, ampliado prazo inicial até o 28 de febreiro de 2026:

  • Socios AETR, ACHTEVIP, AATVP, EARTh 300€ até o 28 de febreiro, a partir de entón a doazón deberá ser de 400€.

  • Invitados, estudantes escolas homologadas, Estudantes en xeral de calquer ensinanza, 350€ até o 28 de febreiro, despois a doazón deberá ser de 400€.

  • Público xeral 400€ até o 31 de abril, a partir de entón será de 500€.

Listado Seminarios e Relatorios Presenciais Congreso 2026

Programación Completa do Congreso – Presenciais en Santiago 2026

Xoves, 28 de maio de 2026

Sala 1

10h30′ – 10h45′. Inauguración

11h00′ – 14h00′. Víctor Chirea. Seminario: «Sanar el trauma de perder una relación significativa.» Sanar o trauma de perder unha relación significativa.»)

16h00′ – 16h45′. Esther Dhara. Relatorio «Sanar el trauma de perder una relación significativa.» Sanación da linaxe desde a perspectiva da Terapia de Vidas Pasadas.»)

17h00′ – 20h00′. Shalini Manish Wahi. Seminario: «Inmersión en la experiencia.»Inmersión na experiencia.»)

Sala 2

11h00′ – 14h00′. Marcela Pazos Pérez. Seminario: «Fragmentación y Recuperación del Alma: Un Enfoque Integrado desde la Terapia Regresiva y el Chamanismo.» Fragmentación e Recuperación da Alma: Un Enfoque Integrado desde a Terapia Regresiva e o Chamanismo.»)

16h00′ – 16h45′. María Victoria Lezcano Sánchez. Relatorio: «Contratos y Enfermedades.» Contratos e Doenzas.»)

17h00′ – 20h00′. Gina Rodríguez. Seminario: «El Viaje del Alma al Nacer. Gestación y atrapamiento del Alma.» A Viaxe da Alma ao Nacer. Xestación e atrapamento da Alma.»)

Venres, 29 de maio de 2026

Sala 1

10h00′ – 10h45′. Luisa Estremera. Relatorio: «Psicoterapia Aplicada a la Terapia Regresiva.» Psicoterapia Aplicada á Terapia Regresiva.»)

11h00′ – 14h00′. Hans TenDam. Seminario: «Los campos de fuerza y cómo trabajar con ellos.» («Os campos de forza e como traballar con eles.»)

16h00′ – 16h45′. Sonia Tapiador. Relatorio: «Hackeando la mente para desprogramar el karma con la Psicoterapia Regresiva.» Hackeando a mente para desprogramar o karma coa Psicoterapia Regresiva.»)

17h00′ – 20h00′. Sharmila Dhobale. Seminario: «Constgresión.» Constgresión.»)

Sala 2

10h00′ – 10h45′. María Blázquez. Relatorio: «Discapacidad y Regresiones.» Discapacidade e Regresións.»)

16h00′ – 16h45′. Gabriela Legoratti. Relatorio: «Estados Expandidos de Consciencia y Terapia Regresiva, una técnica emergente para el abordaje de enfermedades físicas.» Estados Expandidos de Consciencia e Terapia Regresiva, unha técnica emerxente para a abordaxe de enfermidades físicas.»)

17h00′ – 20h00′. Alberto Boarini. Seminario: «El teatro de la memoria: Psicodrama Interno, Regresión y Ascendencia.» O teatro da memoria: Psicodrama Interno, Regresión e Ascendencia.»)

Sábado, 30 de maio de 2026

Sala 1

09h00′ – 09h45′. Presentación libro «Terapia Regresiva y Abuso Sexual.» Terapia Regresiva e Abuso Sexual.»)

10h00′ – 13h00′. Ruxandra Bulzan. Seminario: «Liberando los votos kármicos y las marcas en el alma a través de la terapia de regresión.» Liberando os votos kármicos e as marcas na alma a través da terapia de regresión.»)

14h30′ – 17h30′. Marion Boon. Seminario: «Liberación espiritual directa y respetuosa, con presencias impertinentes.» Liberación espiritual directa e respectuosa, con presenzas impertinentes.»)

Sala 2

10h00′ – 13h00′. Nacho Romón. Seminario: «El Despertar de La Visión en la Terapia Regresiva.» («O Despertar da Visión na Terapia Regresiva.»)

14h30′ – 17h30′. Beatriz Maeztu. Seminario: «Constelaciones y Regresiones.» Constelacións e Regresións.»)

Domingo, 31 de maio de 2026

Sala 1

09h15′ – 10h45′. Raúl Durán. Relatorio: «La Cábala y las vidas pasadas.» A Cábala e as vidas pasadas.»)

11h00′ – 14h00′. Carlos González. Seminario: «La Presencia y la Técnica en Psicoterapia Regresiva.» A Presenza e a Técnica en Psicoterapia Regresiva.»)

14h15′ – 14h45′. Entrega premio Grazas + Clausura congreso.

Sala 2

09h15′ – 10h45′. Manu Jiménez. Relatorio: «Rewire & Reset: Fundamentos científico-integrativos del entrenamiento epigenético en la biología del trauma.» Rewire & Reset: Fundamentos científico-integrativos do treinamento epixenético na bioloxía do trauma.»)

Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

VI Congreso Internacional de Terapia Regresiva 28, 29, 30 e 31 de maio de 2026. Póster. Castelán.VI Congreso Internacional de Terapia Regresiva 28, 29, 30 e 31 de maio de 2026 Participantes e relatores do seminario. Castelán.

Claudia Cuervo. Caso do gato Jimeno. Video subtitulado en galego.

Claudia Cuervo. Caso do gato Jimeno. Video subtitulado en galego.

Bandeira galega animada.Temos disponible o video subtitulado en galego sobre o caso do gato Jimeno, proveniente da ponencia ofrecida pola licenciada Claudia Cuervo na quinta feira, 29 de maio de 2025, no balneario de Alicún das Torres (Granada, Andalucía). Agradecemos a tradución dos subtítulos de Vicenzo Reboleiro González.

Equipo da web «En corpo e alma».
Venres, 12 de decembro de 2025.
Tradución da entrada: Vicenzo Reboleiro González.

Enlace da páxina que permite o acceso ao video subtitulado:

Ponencia de Claudia Cuervo. Caso do gato Jimeno. Voz en castelán con subtítulos en galego.
Fragmento do video da licenciada Claudia Celia Cuervo Espinosa, do caso do gato Jimeno, dentro da ponencia titulada «A alma e os programas biolóxicos de supervivencia», do xoves 29 de maio de 2025, no marco do Quinto Congreso Internacional de Terapia Regresiva celebrado no balneario de Alicún de las Torres (Granada, Andalucía).
Duración: 7 minutos e 13 segundos. Idioma: voz en castelán e subtítulos en galego.
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

Diálogo de Josep Pàmies co Doutor Cabouli. Os trasplantes. Video subtitulado en galego.

Diálogo de Josep Pàmies co Doutor Cabouli. Os trasplantes. Video subtitulado en galego.

Bandeira galega animada.Temos disponible o video subtitulado en galego sobre os trasplantes, proveniente da charla mantenida entre o campesiño ecolóxico Josep Pàmies co Doutor José Luis Cabouli, sexta feira, 20 de xuño de 2025, na sede da Doce Revolución en Balaguer. Agradecemos a tradución dos subtítulos a Vicenzo Reboleiro González.

Equipo da web «En corpo e alma».
Cuarta feira, 19 de novembro de 2025.
Traducción da entrada: Vicenzo Reboleiro González.

Enlace da páxina que permite o acceso ao video subtitulado:

Josep Pàmies dialoga co Doutor José Luis Cabouli. Os trasplantes. Voz en castelán con subtítulos en galego.
Fragmento do video da charla de Josep Pàmies co Doutor José Luis Cabouli, da sexta feira 20 de xuño de 2025, na sede da Doce Revolución en Balaguer. Preguntas formuladas por Francesc Colet sobre os trasplantes que son respondidas por ambos ponentes.
Duración: 8 minutos e 33 segundos. Idioma: Voz en castelán con subtítulos en galego.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

José Luis Cabouli. Sanando el femenino herido. La vía de la terapia de vidas pasadas (Curando o feminino ferido. O camiño da terapia de vidas pasadas).

José Luis Cabouli. Sanando el femenino herido. La vía de la terapia de vidas pasadas (Curando o feminino ferido. O camiño da terapia de vidas pasadas). Edicións Isthar. Primeira edición: xullo de 2024. ISBN impreso: 978-84-19619-65-5. ePub ISBN: 978-84-19619-66-2. 376 páxinas. Portada.

José Luis Cabouli. Sanando el femenino herido. La vía de la terapia de vidas pasadas (Curando o feminino ferido. O camiño da terapia de vidas pasadas). Edicións Isthar. Primeira edición: xullo de 2024. ISBN impreso: 978-84-19619-65-5. ePub ISBN: 978-84-19619-66-2. 376 páxinas.

Que é o Eterno Feminino? A que nos referimos cando falamos do Feminino? Cal é a ferida do Feminino? Como e cando se orixinou esta ferida? Cales son os seus efectos na nosa vida diaria?

A ferida do Feminino é unha antiga dor que comeza coa aparición da espada e o seu poder de morte e dominación sobre o poder dador de vida do Feminino.

Partindo da definición do Feminino, expoñendo os principais motivos que levaron á súa anulación e sometemento, o autor mergúllanos en dezasete historias reais de persoas que reviviron en regresión a orixe e a curación do seu propio Feminino ferido.

As nosas vidas pasadas son unha evidencia viva e palpable do sufrimento en que desenvolveu a nosa civilización actual. Aquí temos a experiencia íntima de quen viviron a dor desta ferida en si mesmas.

A través destas historias e dos testemuños das súas protagonistas podemos comprobar que a Terapia de Vidas Pasadas ou terapia de regresión nos ofrece un xeito ideal e eficaz de curar o Feminino ferido.

Esta obra tamén é fruto da propia evolución do autor, mestre de Terapia de Vidas Pasadas, que comparte aquí o espertar do seu propio Feminino interior.

Terapia Gestalt: a arte de fechar ciclos.

Terapia Gestalt: A arte de fechar ciclos. Páxina.

Bandeira galega animada.Queremos informarvos que introducimos a páxina co artigo «Terapia Gestalt: A arte de fechar ciclos». Agradecemos ao Profesor Joan Garriga a súa redacción, á Profesora Chus Borrell o ofrecemento do artigo e a Vicenzo Reboleiro a súa tradución.

Equipo da web «En corpo e alma».
Sábado, 11 de xaneiro de 2025.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da páxina do documento:

Terapia Gestalt: a arte de fechar ciclos.
Muitos de nós temos ciclos da nosa vida que non sabemos como concluir. Sucesos traumáticos da nosa infancia, certas dinámicas familiares, carencias ou excesos na nosa crianza, abusos, perdas, etcétera, poden provocarnos no futuro compulsións, adiccións e depresión. A Gestalt convídanos a tomar conciencia dos nosos patróns, do personaxe que temos creado, e axúdanos a fechar ciclos dunha forma adecuada. Estamos perante un escaparate e vemos algo que nos gusta. Que pasa cando centramos a nosa atención nese obxecto? Vémolo, apreciámolo en primeiro plano, mais detrás hai un fondo, un contexto de miles de cousas que poden estar alí ocorrendo: hai muitos obxectos máis no escaparate, hai xente dentro da tenda, xente que pasa a carón, un autobús que se detén na parada, dous homes que charlan nunha esquina… Do fondo, ou do contexto, saltou unha forma que acapara a nosa atención e que está en primeiro plano (…).
Texto: Joan Garriga (director Institut Gestalt Barcelona).
Terapias, cursos e formación en Lleida: Coaching Lleida i Isuri Gestalt Lleida. Chus Borrell Feliu.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.
Publicado na revista Guía & Ocio Lleida. Abril de 2005. Número 39. Páxinas 128‑129.

Que é a terapia de vidas pasadas?

Que é a terapia de vidas pasadas? Páxina.

Bandeira galega animada.Queremos informarvos que introducimos a páxina co artigo «Que é a terapia de vidas pasadas». Agradecemos ao Doutor Cabouli o ofrecemento do artigo e a Vicenzo Reboleiro a súa tradución.

Equipo da web «En corpo e alma».
Sábado, 11 de xaneiro de 2025.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da páxina do documento:

Que é a terapia de vidas pasadas?
A Terapia de Vidas Pasadas (TVP) é unha técnica psicoterapéutica transpersoal que básicamente consiste en facer consciente o inconsciente. Cando isto sucede xorden na conciencia experiencias traumáticas non resoltas que estaban ocultas a nivel inconsciente. Como nestas experiencias as personas adoitan identificarse a si mesmas dentro doutro corpo, noutro tempo, e experimentan a morte nese corpo, chámaselle a esta técnica: Terapia de Vidas Pasadas (…).
Doutor José Luis Cabouli, Agosto 2017.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Entrevista a Ennio d’Alba. Páxina.

Entrevista a Ennio d’Alba. Páxina.

Bandeira galega animada.Queremos informarvos que introducimos a páxina co documento «Entrevista a Ennio d’Alba». Agradecemos a Loto Perrella, Marinella Bonasso e Anna María Venturini o ofrecemento do artigo e a Vicenzo Reboleiro a súa tradución.

Equipo da web «En corpo e alma».
Sábado, 11 de xaneiro del 2025.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da páxina do documento:

Entrevista a Ennio d’Alba
O sistema espiritual de Ennio d´Alba funciona sobre a base dunha serie de regresións. Con todo non se trata de regresións para sabermos se no pasado fomos Napoleón ou Cleopatra (extrañamente, nas regresións, todo o mundo foi un personaxe famoso…). É unha regresión en que a persoa busca establecer, ou restablecer, a unión co seu subconsciente, que é o que nos guía e asesora nesta vida. Para iso temos que realizar varias sesións nas cales o instrutor nos conducirá a outra dimensión onde recibiremos información e consellos que nos serán útiles na nosa vida e nos conducirán, se queremos, a emprendermos un camiño espiritual (…).
Loto Perrella.
Barcelona. Martes, 2 de abril de 2024.
A entrevista gravouse o 18 de febreiro de 2003, e dela extraeuse este caderno. Marinella Bonasso e Anna Maria Venturini.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Migración da web «En corpo e alma».

Migración da web «En corpo e alma».

Desde marzo de 2023 levamos a cabo unha migración da web «En corpo e alma» debido a un problema técnico.

A extensión multilingua en funcionamento do seu «WordPress» xa non era mantida polos seus creadores e non admitía a incorporación de contidos nalgúns idiomas dos cales podiamos recibir traducións no futuro. Había que cambiar de extensión, pois, por outra que se mantivese actualizada.

Para aforrarmos en gastos de programación, migramos manualmente máis de novecentos cincuenta enlaces entre páxinas e entradas, ademais de completarmos a tradución das actuais páxinas ao idioma alemán, entre outras traducións realizadas.

A aparencia da nosa web non mudou moito, pois queremos que o seu acceso continúe sendo doado. O menú ten dentro algúns apartados desplegables. Se accedemos desde unha pantalla pequena, premendo o botón «Menú» despréganse ou recóllense os seus apartados. Se accedemos desde unha pantalla grande, o menú pódese ver na parte superior da pantalla.

Todas as entradas, incluso as máis antigas, están dispoñibles en catalán, castelán e inglés. Se unha entrada anuncia a tradución dunha páxina a un idioma ou uns idiomas diferentes do catalán, castelán ou inglés, tamén está dispoñible nos idiomas das novas páxinas. Antes víanse sempre as bandeiras de todos os idiomas da web, e podíase acceder nunha páxina ou unha entrada baleira. Agora só se visualizan as bandeiras das páxinas e das entradas que teñen os seus equivalentes á que se está visualizando.

Agradecemos a colaboración, para facilitarnos esta migración, tanto do técnico informático Daniel Monte de Agoranet.info, como de todo o equipo do servidor de Pangea Internet Solidario. Grazas tamén a todas as persoas que colaboraron ou colaboran nas traducións. Finalmente grazas a vós por compartirdes este recurso, que nos axuda, entre outras cousas, a coñecermos a reencarnación mediante os casos expostos, a sanarmos experiencias de sufrimento que poden provir ou non de vidas anteriores e ás entidades desencarnadas a reencontraren o seu camiño.

Equipo da web «En corpo e alma».
Luns, 4 de decembro de 2023.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

O crédito cósmico do Doutor José Luis Cabouli. Video subtitulado en galego.

O crédito cósmico do Doutor José Luis Cabouli. Video subtitulado en galego.

Bandeira galega animada.Dispoñemos, dentro do apartado «Multimedia», do video curto explicativo titulado «El crédito cósmico» do Doutor José Luis Cabouli, na súa versión subtitulada en galego.

Agradecemos ao profesor Vicenzo Reboleiro González o seu labor de tradución, así como novamente ás persoas e entidades que fixeron posible este acontecemento e o video orixinal.

Equipo da web «En cuerpo y alma».
Mércores, 19 de outubro de 2022.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da páxina para acceder ao novo video:

«O crédito cósmico» polo Doutor José Luís Cabouli. Conferencia en castelán subtitulada en galego.
Fragmento da conferencia titulada «La vida antes de nacer» do Doutor José Luís Cabouli celebrada na Sala Polivalente del Soleràs (Las Garrigues, Cataluña) o sábado, 29 de agosto de 2020.
Perfil da publicación de «Odysee»: Animaweb. Conferencias en galego. Data de publicación en «Odysee»: Martes, 18 de outubro de 2022. Duración do video: 3 minutos e 33 segundos. Idioma: voz en castelán con subtítulos en galego.
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

Un caso de reencarnación, por Jordi Griera. Páxina.

Un caso de reencarnación, por Jordi Griera. Páxina.

Bandeira galega animada.Creamos a páxina do documento Un caso de reencarnación proveniente do libro Vent d’alliberament (Vento de liberación), de Jordi Griera. Agradecemos a Jordi Griera o seu ofrecemento e a Vicenzo Reboleiro González a súa tradución.

Equipo da web «En corpo e alma».
Mércores, 14 de maio de 2025.
Tradución da entrada á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Enlace da páxina disponible en galego:

Un caso de reencarnación, por Jordi Griera.
A nai dos meus fillos, Mariona, tiña soños recorrentes desde que casamos, facía quince anos. De mañá dicíame «esta noite tiven un deses soños» e contábamo. Eran dun realismo inusual, non sempre era o mesmo, mais tiñan elementos comúns que os situaban en ambientes duns séculos atrás (…).
Extracto do libro: «Vent d‘alliberament, guia per a viure lliure i conscient» («Vento de liberación, guía para vivir libre e consciente»).
Autor: Jordi Griera.
Para obtelo visitar http://vientodeliberacion.com
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.