Escritos Gl

Escritos

Que é a terapia de vidas pasadas?
A Terapia de Vidas Pasadas (TVP) é unha técnica psicoterapéutica transpersoal que básicamente consiste en facer consciente o inconsciente. Cando isto sucede xorden na conciencia experiencias traumáticas non resoltas que estaban ocultas a nivel inconsciente. Como nestas experiencias as personas adoitan identificarse a si mesmas dentro doutro corpo, noutro tempo, e experimentan a morte nese corpo, chámaslle a esta técnica: Terapia de Vidas Pasadas (…).
Doutor José Luis Cabouli, Agosto 2017.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Terapia Gestalt: a arte de fechar ciclos.
Muitos de nós temos ciclos da nosa vida que non sabemos como concluir. Sucesos traumáticos da nosa infancia, certas dinámicas familiares, carencias ou excesos na nosa crianza, abusos, perdas, etcétera, poden provocarnos no futuro compulsións, adiccións e depresión. A Gestalt convídanos a tomar conciencia dos nosos patróns, do personaxe que temos creado, e axúdanos a fechar ciclos dunha forma adecuada. Estamos perante un escaparate e vemos algo que nos gusta. Que pasa cando centramos a nosa atención nese obxecto? Vémolo, apreciámolo en primeiro plano, mais detrás hai un fondo, un contexto de miles de cousas que poden estar alí ocorrendo: hai muitos obxectos máis no escaparate, hai xente dentro da tenda, xente que pasa a carón, un autobús que se detén na parada, dous homes que charlan nunha esquina… Do fondo, ou do contexto, saltou unha forma que acapara a nosa atención e que está en primeiro plano (…).
Texto: Joan Garriga (director Institut Gestalt Barcelona).
Terapias, cursos e formación en Lleida: Coaching Lleida i Isuri Gestalt Lleida. Chus Borrell Feliu.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.
Publicado na revista Guía & Ocio Lleida. Abril de 2005. Número 39. Páxinas 128‑129.

Entrevista a Ennio d’Alba
O sistema espiritual de Ennio d´Alba funciona sobre a base dunha serie de regresións. Con todo non se trata de regresións para sabermos se no pasado fomos Napoleón ou Cleopatra (extrañamente, nas regresións, todo o mundo foi un personaxe famoso…). É unha regresión en que a persoa busca establecer, ou restablecer, a unión co seu subconsciente, que é o que nos guía e asesora nesta vida. Para iso temos que realizar varias sesións nas cales o instrutor nos conducirá a outra dimensión onde recibiremos información e consellos que nos serán útiles na nosa vida e nos conducirán, se queremos, a emprendermos un camiño espiritual (…).
Loto Perrella.
Barcelona. Martes, 2 de abril de 2024.
A entrevista gravouse o 18 de febreiro de 2003, e dela extraeuse este caderno. Marinella Bonasso e Anna Maria Venturini.