Tipos de karma, karma colectivo, fama, obxectivo e perdón. Citas dos sabios. Gl

Tipos de karma, karma colectivo, fama, obxectivo e perdón. Citas dos sabios.

Brian Weiss medikua. Only Love Is Real (Maitasun loturak). Azala.A través do corpo dos pacientes do doutor Brian Weiss sometidos a regresión hipnótica, non só se pode acceder ao pasado da súa alma en busca dun feito traumático, se non que tamén almas de diferentes sabios ou mestres poden intervir para transmitir ao terapeuta explicacións acerca da evolución espiritual.

No seguinte relato se concatenan varias citas de sabios dando a súa explicación acerca dos diferentes tipos de karma, incluíndo o karma colectivo, pasando pola cuestión da fama, e a necesidade de perdoar e ser perdoado.


Citas dos sabios.

Ás veces as mensaxes non son tan psicolóxicas e parecen proceder dunha fonte máis tradicional, máis didáctica.

O estilo é algo diferente, case coma se se tratase dun ditado.

Existen varios tipos de karma, de débedas por saldar. O karma individual corresponde ás propias obrigas da entidade, que só lle pertencen a ela. Pero tamén hai un karma colectivo, as débedas do grupo, e existen diversos grupos: relixións, razas, nacionalidades, etc. Nun nivel máis amplo, está o karma planetario, que afecta ao destino do planeta e ás súas consecuencias. No karma colectivo, non só hai débedas individuais acumuladas e sedimentadas, senón que as súas consecuencias terminan por atribuírse ao grupo, ao país ou ao planeta. A aplicación deste karma colectivo determina o futuro do grupo ou do país. Pero tamén se aplica ao individuo que se reencarna dentro do grupo ou do país, ou ao mesmo tempo e en relación con ese grupo ou país aínda que non pertenza a el, ou nunha época posterior…

A acción convértese nunha acción correcta cando leva a cabo ao longo do Camiño, a través do Carreiro que conduce a Deus. O resto de camiños acaban sendo falsos carreiros ou espellismos, e a acción que leva a cabo ao longo deles non é a acción correcta. Así pois, a acción correcta estimula a espiritualidade da persoa e a súa recuperación. Toda acción que favoreza a xustiza, a misericordia, o amor, a sabedoría e todos os atributos que denominamos divinos ou espirituais é inevitablemente unha acción correcta. O froito da acción correcta é a meta desexada. Os froitos das accións que levan a cabo polos outros camiños son transitorios, ilusorios e falsos. Son froitos tentadores e enganosos, pero non son o que realmente desexamos. Os froitos dunha acción correcta abarcan todos os nosos obxectivos e anhelos e todo o que necesitamos e desexamos.

A fama é un bo exemplo. Todo aquel que persegue a fama como unha meta na vida, probablemente obteraa durante un tempo. Pero esta fama será pasaxeira e insatisfactoria. Con todo, se a fama chega dun modo espontáneo, como resultado da acción correcta, acción levada a cabo no Camiño, durará e será verdadeira, aínda que para a persoa que se acha no Camiño isto non será importante. Velaquí a diferenza entre o desexo egoísta de fama, por parte da persoa, e a fama non buscada e non desexada, que é o resultado da acción correcta. A primeira é ilusoria e efémera. A segunda é real e duradeira, e é fiel á alma. No primeiro caso acumúlase ao karma, e é necesario saldalo; no segundo non.

Ás veces as mensaxes sucédense como escintileos e son moi concisas.

«O obxectivo non é gañar senón abrirse».

Logo, como se volvesen ter a quenda, as mensaxes son de novo máis psicolóxicas e adquiren a forma de impresións que se suceden unha detrás doutra, como centelleos.

Deus perdoa, pero tamén debes ser perdoado polos demais, e tes que perdoalos a eles. O perdón tamén é unha responsabilidade túa. Debes perdoar e ser perdoado. A psicanálise non repara os danos. Tes que ir máis aló do entendemento e realizar cambios, mellorar o mundo, arranxar as relacións, perdoar aos demais e aceptar o seu perdón. É sumamente importante perseguir a virtude sen descanso. Soamente falar dela non é suficiente. Entender co intelecto e non aplicar un remedio tampouco é suficiente. Pero expresar o amor si o é.

Brian Weiss. Lazos de amor. Primeira edición castelá en rústica da Editorial Vergara. Páxinas 91-93.
Tradución: Elisa Borrazás.