Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli para La Vanguardia en galego.
Xa temos á disposición de todos os internautas, en lingua galega, a entrevista que foi concedida ao Doutor José Luís Cabouli polo xornalista Lluís Amiguet e que foi publicada o sábado, 23 de agosto de 2003 dentro da sección La Contra de La Vanguardia.
Agradecemos á profesora Elisa Borrazás esta tradución, que permite ás persoas falantes da lingua materna de Rosalía de Castro a mellor comprensión deste documento, onde o Doutor Cabouli explica como os fenómenos graves de sufrimento deixan unha pegada que se tén que sanar dentro da alma de cada ser vivo, a diferencia dos momentos agradables.
Desexamos que esta tradución axude ás persoas falantes da lingua de Galicia a encontrar un camiño para sanar experiencias do pasado da alma que teñan ficado no inconsciente. Unha necesidade común aos individuos de todas as nacións do mundo, que comprenderán mellor esta necesidade se se expresa a través da alma de cada nación, que é a súa lingua vernácula.
Equipo do sitio web «En corpo e alma».
Sábado, 7 de novembro de 2020.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.
A continuación informámosvos do enlace da entrevista dispoñible novamente en galego:
José Luís Cabouli: «O teu ego non atura toda a verdade».
La Vanguardia. Sábado, 23 de Agosto de 2003. A Contra.
Teño 52 anos. Nacín en Buenos Aires. Fun cirurxián plástico, pero dos que non se fan ricos, e hoxe son terapeuta regresivo. Teño un fillo de 10 meses e outro de 20 anos. Creo que nesta vida purgamos erros de vidas anteriores que debemos emendar con amor, e traumas terríbeis dos que debe librarse a nosa conciencia ao lembralos.
Tradución: Elisa Borrazás.