Bibliografía da Doutora Viviana Zenteno. Gl

Bibliografía da Doutora Viviana Zenteno.

Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Doctora Viviana Zenteno Cereceda. Regresiones: Terapia del Alma (Regresións: Terapia da Alma). Portada.

Doutora Viviana Zenteno Cereceda. Regresiones: Terapia del Alma (Regresións: Terapia da Alma). Primeira edición: Marzo de 2004.

Regresións: Terapia da Alma é un libro que ofrece respostas ás máis profundas dúbidas do ser humano a través da experiencia da regresión: «Que é o que fixen para merecer isto?»; «Por que non me dou entendido con miña filla?»; «Deus é inxusto»; «É a primeira vez que o vexo, mais sinto que o coñezo de sempre…»; «Por que esta fobia, estes medos, esta desesperanza..?».

O libro parte dos postulados da Reencarnación e do Karma, este último visto non como unha fatalidade, senón como una lei de acción-reacción, que sempre nos permite a comprensión de que o ser humano é verdadeiramente amo do seu destino. A través do seus capítulos vai mostrando como funciona a Terapia Regresiva, unha forma de sanación que actúa a nivel físico, mental, emocional e espiritual. Os diferentes testemuños demostran que grande parte dos conflitos do presente orixínanse en experiencias do pasado; un pasado que pode ser cercano ou remoto. Estas vivencias fican almacenadas no inconsciente, nunha memoria que excede ao corpo físico, coñecida como «memoria da alma». É a ese nivel onde traballa a «regresión», traendo á conciencia eses feitos que actúan como verdadeiros «abcesos emocionais», para, por fin, «drenalos», terminando así co conflito.

Con todo, non é necesario crer na Reencarnación para beneficiarse desta terapia. Guiado polo terapeuta, o paciente experimenta a regresión, libera as enerxías alí acumuladas, e despois pode darlle a interpretación que queira: iso non é importante. O verdadeiramente relevante é a grande capacidade sanadora que posúe esta terapia. Tal é así, que unha vez «desprogramado» o feito traumático, aparece unha comprensión e un entendemento que a miúdo mudan total e definitivamente a apreciación que a persoa tén de si mesma e de todo o que a rodea. Aparece unha nova actitude de certeza e esperanza, renóvase a fe en Deus. Isto e muito máis é o que encontrarán nestas páxinas.

Doctora Viviana Zenteno Cereceda. El Alma Sabe. Un método de sanación a través de la terapia de vidas pasadas (A Alma Sabe. Un método de sanación a través da terapia de vidas pasadas). Catalonia. Portada.

Doutora Viviana Zenteno Cereceda. El Alma Sabe. Un método de sanación a través de la terapia de vidas pasadas (A Alma Sabe. Un método de sanación a través da terapia de vidas pasadas). Catalonia. Colección búsquedas. Primeira edición: Setembro de 2015. Segunda edición: Abril de 2019.

A búsqueda de respostas aos conflitos e inquietudes que vivimos como seres humanos están na alma, porque ninguén sabe máis de nós mesmos. Se a alma pode todo isto, se é tanto o que sabe, por que a súa sabedoría non adoita estar á nosa disposición? Simplemente porque esquecemos o seu cuidado, porque demos prioridade á experiencia material, relegando a nosa esencia ao derradeiro lugar. A Doutora Zenteno presenta neste libro a Terapia de Vidas Pasadas como unha técnica de acceso á sabedoría da alma, que traballa en todos os niveis do ser: físico, mental, emocional e espiritual.

A través de casos reais vemos como a terapia de regresión terapéutica permite desbloquear enerxías, recuperar fragmentos da alma que ficaron atrapados nos eventos traumáticos do pasado, e o que é moi importante para todo ser humano: comprender, rescatar o sentido profundo do que se viviu. Unha terapia onde os pacientes van ao reencontro da súa esencia, recuperan a conexión coa alma, e son guiados pola súa mesma sabedoría para sanar.

Doctora Viviana Zenteno Cereceda. Manual de instrucción en terapia de vida pasada. Portada.

Doutora Viviana Zenteno Cereceda. Manual de instrucción en terapia de vida pasada.

Este manual foise xestando paralelamente aos Cursos de Formación Profesional que Viviana desenvolve desde 2005.

Nun comezo ela desenvolveu verbalmente a teoría da TVP, apoiándose en Bibliografía que recomendaba en cada módulo.

A medida que os alumnos solicitaban profundizar en determinados temas, ou repasar o xa tratado, ao confrontalo coa práctica vivencial, a doutora comezou a entregar apuntamentos.

Así surxiu a idea de ordenar e compaxinar este valioso material didáctico, o que permitirá que todos os seus discípulos, formados e en formación, podan usalo como guía no seu traballo terapéutico.

O Lanzamento do Manual levouse a cabo o día 17 de xaneiro de 2009 no Hotel Conde de Ansúrez, en Santiago de Chile.

Foi un evento moi significativo, como unha forma de consolidación da labor formativa, mais tamén como unha instancia de encontro e intercambio entre os participantes dos diversos cursos.

En palabras de Viviana Zenteno: «Confío en que este enriquecemento mutuo se manifeste no futuro na concreción de ideas e proxectos que podan difundir e extender cada vez máis esta forma de sanación que nos move con esperanza e con paixón».

Manual de uso exclusivo para estudantes e terapeutas dos Cursos de TVP da Doutora Viviana Zenteno.