José Luís Cabouli: «A alma é o chofer; o corpo, o vehículo». Gl

José Luís Cabouli: «A alma é o chofer; o corpo, o vehículo».

El Periódico de Catalunya (O Xornal de Catalunya). Logotipo.El Periódico de Catalunya (O Xornal de Catalunya). Mércores, 8 de outubro de 2008.

José Luís Cabouli practica a Terapia das Vidas Pasadas. É médico e cirurxián da alma. Asume que existe a reencarnación e traballa con pacientes que arrastran traumas doutras vidas.

José Luís Cabouli: «A alma é o chofer; o corpo, o vehículo».

Gaspar Hernàndez.
Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

José Luis Cabouli. Foto: Elisenda Pons.
José Luis Cabouli. Foto: Elisenda Pons.

José Luís Cabouli. Foto: Elisenda Pons.

Mércores, 8-10-2008 ás 0 horas.

Vostede deixou a medicina. Por que?–

–Foi o destino. Era cirurxián plástico e en 1988 tomei unhas vacacións. Unha noite, estando nunha praia facendo meditación, cambioume a vida. Veume claramente a certeza de que tiña que deixar a cirurxía e dedicarme á cirurxía da alma.–

Inicialmente non pensaba dedicarse a iso?–

–Si, mais aprendín que, cando uno non fai o que ten que facer, a vida obrígate a que o fagas.–

Que é a Terapia das Vidas Pasadas?–

–Consiste en traermos á consciencia física episodios e eventos traumáticos que están reprimidos no inconsciente, e que por iso provocan desequilibrios no día a día.–

Son feitos que un viviu?–

–Si que os vivimos, mais noutras vidas. Hai relacións directas entre traumas de vidas pasadas e o conflito emocional actual dunha persoa.–

E como sabe que pertencen a unha vida pasada e non ao inconsciente colectivo?–

–En primeiro lugar, non sabemos exactamente que é o inconsciente colectivo. E, se fose tan fácil obter información do inconsciente colectivo, entón fariamos os exames conectándonos ao inconsciente colectivo?–

Os pacientes que non cren en vidas pasadas, cúranse?–

–Desde o punto de vista terapéutico, non importa se as vidas pasadas existen ou non existen. Todos temos experiencias no subconsciente que non pertencen ao marco desta vida. Ernesto Sábato definiu o inconsciente como a realidade máis verdadeira que existe. Todo o que temos no inconsciente sairá á vida diaria.–

Vostede cre na reencarnación?–

–Cría nela, até que comecei a traballar coas vidas pasadas. Cando empecei a experimentar en min mesmo episodios de vidas anteriores, deixei de crer na reencarnación para asumila como unha realidade, como unha experiencia.–

Cantas vidas pasadas ten vostede?–

–Imposible de saber. No curso dun traballo terapéutico podes traballar 12 ou 20 vidas. Buda tivo 500 vidas negativas e 500 positivas antes de alcanzar a iluminación. O único que aparece cando un traballa é o realmente trascendente para a alma.–

Cantas vidas ten a alma?–

–Unha soa vida. Os corpos son instrumentos e vehículos para levaren a cabo as experiencias que a alma precisa para evolucionar. A alma é unha entidade que mantén a súa individualidade ou a súa esencia permanentemente. Ti fuches ti, e serás sempre o mesmo.–

Aínda que morra?–

–Morre o teu corpo, non a túa alma. Necesitas un vehículo neste mundo, que é o corpo. Non obstante o corpo non aguanta para sempre, e a alma precisará outros corpos para cumprir o seu plan.–

A alma ten un plan?–

–Si, un traxecto. A alma é o chofer e o corpo é o vehículo. E utilizamos este vehículo para concluírmos as experiencias que necesitamos para crecer, para evolucionar, quen sabe até onde.–

Segundo os designios de algo superior?–

–Eu penso que é un traballo en equipo. Hai un arquitecto que dirixe o plan do universo e, dentro dese plan, cada alma ten unha función a cumprir. Estamos aquí para darnos conta de que somos Un: pertencemos a un Todo. Non obstante, a ilusión de estarmos nun corpo fainos crer que estamos separados e que somos entes individuais. Mais en realidade, cando transcendemos iso, vemos que formamos parte dun só Ser?–

–Como podo conectar coa lembranza dunha vida anterior?–

–Conectar con vidas pasadas é bastante sinxelo. En primeiro lugar, pode ocorrer espontáneamente ou pode ser provocado. Espontáneamente adoita ocorrer facendo meditación, en soños, cando lemos un libro, vemos unha película ou visitamos un lugar concreto, entón recibimos un coñecemento instantáneo. É frecuente que os nenos de 2 a 6 anos teñan recordos espontáneos das súas vidas anteriores, porque aínda non actuaron os mecanismos de censura da intelectualidade. Con todo, os país consideran iso como unha fantasía.–

Vostede é médico, ten formación científica. Que diría aos seus compañeiros que pensan que se volveu tolo?–

–Simplemente, que sigan os alicerces do método científico: a observación, a experimentación e a comprobación. Observar o fenómeno, experimentar con iso e comprobalo. E manter a mente aberta, sen prexulgar a ninguén. Se eu manteño a mente aberta, diante de min pode ocorrer calquera cousa; porén, se me pecho, o inconsciente de quen teño diante tamén se pecha.–

Outra vida en Girona. O doutor José Luís Cabouli (Bos Aires, 1950) exerceu como cirurxián plástico na capital arxentina até que un bo día decidiu deixar a profesión de médico e dedicarse á denominada Terapia de Vidas Pasadas (TVP). Desde 1992, dirixe o Centro de Estudos TVP e estes días está impartiendo un seminario en Catalunya convidado pola libraría Epsilon. El está convencido de que noutra vida habitou nas comarcas de Girona. Nesa zona, afirma, séntese como en casa.

Ligazón da entrevista orixinal en castelán:

http://www.elperiodico.com/é/opinion/20081008/jose-luís-cabouli-o-alma-é-o-chofer-o-corpo-o-vehiculo-24269