Doutora Viviana Zenteno. As regresións como terapia da alma. Entrevista Terra, 6-5-2010. Gl

Doutora Viviana Zenteno. As regresións como terapia da alma. Entrevista Terra, 6-5-2010.

Terra Networks.Entrevista Terra Networks Chile.

Xoves, 6 de Maio de 2010.

Doutora Viviana Zenteno.

Doutora Viviana Zenteno.

As regresións como terapia da alma.

A través desta técnica, o pasado mestúrase co presente e actívanse unha serie de feitos que non están no consciente.

Santiago. Xoves, 20 de Xullo de 2006. «Terapia da alma» é o nome do libro da Doutora Viviana Zenteno, en que describe os diferentes casos de regresións que experimentou cos seus pacientes.

Para ela, máis que unha regresión é unha terapia da alma, xa que traballa en profundidade recorrendo á sabedoría que está no máis profundo das persoas.

Segundo a doutora Zenteno, o mundo da medicina pode sanar dores físicas, problemas mentais, entre outros; con todo, non logra sanar as doenzas da alma. Por esta razón decidiuse a investigar sobre as regresións e todo foi chegando ao seu debido tempo. Primeiro foi un libro do recoñecido terapeuta Bryan Weiss sobre as vidas pasadas para logo mergullarse de cheo no estudo desta terapia e continuar por este camiño.

Como aprendeu a técnica da regresión?–

–Contactei co Doutor José Luís Cabouli, especialista en terapia de vidas pasadas, quen ademais ten varios libros sobre o tema. Eu lin o primeiro libro que escribiu e interesoume moitísimo. Despois escribinlle e comecei un curso intensivo en tres etapas.–

Por que decidiu estudar as regresións?–

–Sempre tiven unha grande inquietude, mais nunca dubidei que quería ser médico, quería axudar a sanar ás persoas e por iso elixín a medicina interna, que é un campo bastante amplo para abranguer a todas as persoas coas súas enfermidades. Sempre tiven unha moi boa chegada coa xente, mesmo, nun minuto pensei en ser psiquiatra, mais decidín que a medicina interna me conviña para ter unha visión máis ampla do paciente. Co tempo funme decatando que faltaba algo; podía axudarlles a sanar o seu corpo, a súa mente, con todo, había algo do paciente que se me escapaba e dábame conta tamén que a xente se enfermaba cando estaban mal emocionalmente.

A experta revela que foi entón cando se deu conta de que case todas as enfermidades tiñan un compoñente emocional. «Iso provocoume unha grande inquietude. Pensaba: “estou a atender unha parte, pero fáltame algo”. Quería chegar á alma dos pacientes».

Nese período,chegou o mestre e aí comezoulle a chegar información destas terapias. «Chamoume a atención e quixen saber se era ou non era certo. E comecei a pensar de que maneira podería eu chegar a isto e consultei ao doutor Ronald Schultz que é un médico chileno que fai terapia regresiva; consulteille a el e fíxome unha terapia a min. Gustoume tanto que fiquei moi interesada e xusto nese momento encóntrome co libro do doutor Cabouli. Cando lin o seu libro decidinme e viaxei a Arxentina a especializarme e a traballar cos meus pacientes».–

Como é a mestura entre a medicina e as regresións?–

–Primeiro de todo téñoo separado na miña consulta; nesta sala fago as regresións e á beira traballo coa medicina. Pero todo é distinto, xa que a terapia regresiva require máis tempo, son moi diferentes.–

Por que é unha terapia da alma?–

–Eu considero que é unha terapia da alma, porque se traballa en profundidade recorrendo á sabedoría que está na alma das persoas. Coas regresións actívanse unha serie de feitos que se atopan só na alma. A memoria está na alma.

En certa forma, tamén, é unha autoterapia acompañada por un terapeuta, mais as respostas que precisamos para sanar están dentro de nós mesmos.–

Cal é entón a función do terapeuta?–

–Cando unha persoa recorre a esta terapia o terapeuta o que fai é guiar, acompañar, pero as respostas están dentro do mesmo paciente.–

Como se fai.

Como é o proceso que realiza vostede antes de transportar o seu paciente a unha vida pasada?–

–Primeiro fago unha entrevista para coñecer a persoa, para saber que problema ten, os motivos que ten para facerse unha regresión. Tamén me preguntan os detalles, para que a persoa se sinta segura. Cando unha persoa chega á miña consulta e desexa realizar este proceso interésame que teña motivos máis elevados, máis espirituais. Por curiosidade non serve demasiado.–

As regresións que realiza son ata o ventre materno ou a vidas anteriores tamén?–

–Tamén a vidas anteriores, pero isto non depende de min, depende do que necesite o paciente. Cando o paciente consulta por algo, por exemplo por unha fobia ou que teña medo ás arañas e non lembra ter un episodio causante nesta vida, o máis probable é que veña de vidas pasadas. Xeralmente aí vaise a traballar con vidas pasadas, pero pode ocorrer que o paciente lembre algo e hai un episodio de temor coas arañas nesta vida, mais iso pode ser a repetición dun feito da vida anterior. Daquela, nunha primeira regresión, poida que apareza só esta vida, pero se un segue a investigar poida que aparezan vidas pasadas.–

Qué tipo de dores ou carencias se poden sanar ou recuperar cunha regresión?–

–Emocionais en primeiro lugar: crises de pánico, síndromes angustiosas, problemas de relacións, xa sexa entre pais e fillos, coas parellas, etc. Tamén problemas vocacionais ou se teñen algunha dificultade para enfrontar e sacar adiante as súas carreiras.–

Fonte: Doutora Viviana Zenteno. Teléfono: 331 0371/331 0530.

Por: Carmen Luz Heredia.

Copyright Terra Networks Chile S.A.

Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Ligazón da entrevista orixinal en castelán publicada no sitio web «Terapia da alma»:

https://terapiadelalma.org/entrevista-terra/