Que é a terapia de vidas pasadas?

Que é a terapia de vidas pasadas?

A nosa proposta terapéutica.

O doutor José Luis Cabouli cunha camiseta cunha flor cunha o.

A Terapia de Vidas Pasadas (TVP) é unha técnica psicoterapéutica transpersoal que básicamente consiste en facer consciente o inconsciente. Cando isto sucede xorden na conciencia experiencias traumáticas non resoltas que estaban ocultas a nivel inconsciente. Como nestas experiencias as personas adoitan identificarse a si mesmas dentro doutro corpo, noutro tempo, e experimentan a morte nese corpo, chámaslle a esta técnica: Terapia de Vidas Pasadas.

De modo entón que, contrariamente ao que se cre, a TVP non se basea na reencarnación, senón que as vidas pasadas xorden como consecuencia do traballo terapéutico. Se o terapeuta sabe como traballar en profundidade o síntoma que presenta o paciente, nalgún momento do traballo terapéutico encontrarase con unha experiencia que non pertence ao marco da vida presente.

Aínda que a TVP comezou a difundirse de forma universal e masiva a partir da década de 1970, cabe salientar que en realidade xa tén máis dun século de desenvolvemento. Foi en 1904 cando o coronel de enxeñeiros Albert de Rochas, administrador da Escola Politécnica de París, tras longos anos de investigar os estados profundos da hipnose encontrouse co fenómeno das vidas sucesivas. Rochas denominou este proceso: “Regresión de memoria”, termo que aínda hoxe continúa a ser empregado para identificarmos esta técnica.

En 1978, o Doutor Morris Netherton publica o seu primeiro libro establecendo no seu título a expresión: Terapia de Vidas Pasadas (Past Life Therapy, no orixinal). Na verdade, o título xurdiu dunha consulta realizada entre trescentos estudantes dunha universidade de California, a quen se lles deu a ler o libro. Foron eses estudantes universitarios, na maioría, os que escolleron o título que identificaría a terapia de alí en diante.

En 1988 o Doutor Brian Weiss publicou o su libro Muitas vidas, muitos sabios. Ese libro convertiuse nun bestseller que lle deu o impulso definitivo a nivel mundial á Terapia de Vidas Pasadas.

Se por unha parte, a Terapia de Vidas Pasadas é considerada unha técnica de sanación transpersonal, é máis propio definila como unha terapia da alma xa que as dores están na alma e é a alma o que hai que sanar. Contodo aínda podemos agregar algo máis. Diciamos que a TVP consiste básicamente en facer consciente o inconsciente. Agora ben, André Breton definiu o surrealismo como unha expresión verbal espontánea do inconsciente de modo que, seguindo a Breton, tamén poderiamos dicir que a TVP é unha técnica de sanación surrealista.

Como funciona a Terapia de Vidas Pasadas?

O uso da hipnose difundiuse no traballo coa TVP; porén non é necesario recorrer á hipnose. A nosa proposta terapéutica parte do concepto do “atrapamento da alma” e de que nós temos o rexistro de todas as nosas experiencias, só que ese rexistro está excluído da conciencia física.

Para a alma o tempo non existe; a alma é atemporal, de modo que calquer evento que teña sucedido hai cincuenta, cen ou dez mil anos atrás, para a alma é coma se recén acabase de acontecer.

Cando unha experiencia non pode ser resolta emocionalmente de forma satisfactoria, cando non se pode sentir e vivir todo o que está acontecendo nunha situación traumática, prodúcese un atrapamento da conciencia e isto é válido tanto para eventos ocorridos en vidas pasadas como na vida presente. A experiencia pode ser tan terrible e insoportable que é imposible sentir conscientemente todo o que está sucedendo a nivel físico, emocional e mental.

Se, ademais, a morte sobrevén neses momentos a alma fica sen corpo e non pode terminar de procesar todo o que estaba acontecendo. Na dimensión da alma somos enerxía e as dores e emocións non resoltas tamén son enerxía. Necesitamos o corpo para podermos terminar esa experiencia. Se non hai corpo a experiencia non pode ser procesada e terminada.

Isto provoca un atrapamento da conciencia. Por un lado o corpo morre, mais como consecuencia da atemporalidade da alma, a conciencia permanece atrapada nun evento que segue a suceder nun ciclo sen fin. O corpo morre, mais a experiencia continúa e desa experiencia en que a conciencia está atrapada veñen os síntomas que poden presentarse.

Cando unha persoa non pode entrar nun ascensor porque experimenta afogo, sofoco e a sensación de morte inminente, é porque hai outra parte de si mesma que se está asfixiando nunha experiencia que non rematou e que está ocorrendo noutra realidade. O afogo, a taquicardia e a sensación de morte inminente pertencen á parte da conciencia que está atrapada na experiencia en que ficou sen corpo e onde aínda está agonizando ou luitando por sair de alí. A persoa non tén forma de saber o que está acontecendo porque todo iso ocorre a nivel inconsciente, fóra da súa conciencia física actual, mais experimenta os síntomas e as sensacións como se realmente fose morrer. Dalgún modo estamos atrapados noutra realidade, unha realidade non ordinaria, coma se estivésemos vivindo dúas vidas simultáneamente. E desa outra realidade en que estamos atrapados proveñen os síntomas que non podemos evitar sentir na vida actual e para os que non temos explicación. Pero esa outra realidade está sucedendo aquí e agora ao mesmo tiempo que vivimos a nosa vida cotiá. Esta é a razón pola cal un evento ocorrido noutro corpo, noutra vida, pode afectar e influir na nosa vida presente.

Unha vez que comprendemos isto entendemos que non hai necesidade de recorrer á hipnose; nin sequera a un exercicio de relaxación ou de inducción. Tampouco hai viaxe no tempo pola sinxela razón de que para a alma o tempo non existe e todo está ocorrendo aquí e agora só que en dúas realidades diferentes. E esa outra realidade que está excluída da nosa conciencia está aquí, connosco, todo o tempo, só que está sucedendo a nivel inconsciente. Todo o que necesitamos facer é traermos á conciencia física esa experiencia que xa está acontecendo a nivel inconsciente. Como decíamos ao principio: facer consciente o inconsciente.

De modo entón que a TVP consiste básicamente en traer á conciencia física as experiencias que xa están a suceder na realidade do inconsciente para seren traballadas terapéuticamente no aquí e no agora do corpo físico actual. E dá igual que se trate dun feito dunha vida pasada, da vida fetal, do nacemento ou da primeira infancia. A nivel inconsciente todas as experiencias coexisten ao mesmo tempo e xurdirá aquela que a alma do paciente necesite sanar.

Nunha sesión terapéutica, o terapeuta axudará ao paciente a traer á conciencia física o que xa está sucedendo a nivel subconsciente. Unha vez que a experiencia traumática, que estaba excluida da conciencia, se fixo consciente, animarase á persoa a reproducir dita experiencia como se estivese alí. É claro que non todas as persoas o vivencian da mesma maneira. En xeral, a meirande parte dos pacientes víveno profundamente con sensacións físicas intensas, mais hai persoas que son moi mentais ou racionais e a estas fáiselles difícil experimentaren o que para outras é natural.

Na medida do posible hai que instar ao paciente a sentir no corpo físico o que está sucedendo na realidade non ordinaria. Aquí é onde se leva a cabo o traballo terapéutico. Durante a sesión o terapeuta axudará ao paciente a facer conscientes as reaccións físicas, emocionais e mentais que están afectando á súa vida actual e asistirao para terminar definitivamente con todas esas sensacións.

Tratándose dunha experiencia de vida pasada, é ineludible experimentar a morte nesa vida para saírmos definitivamente do atrapamento.

Dependendo de cada historia en particular, pode ser que sexa necesario traballar a vida fetal, o nacemento e a primeira infancia. Ás veces isto ocorre espontaneamente. En ocasións pódese facer na mesma sesión. Con maior frecuencia será necesario facelo en sesións posteriores. Para algunhas persoas o nacemento foi a experiencia máis traumática da súa vida e pode que resolvan o problema que padecen traballando tan só a xestación e o nacemento.

Coa TVP poden abordarse todos os padecementos ou conflitos emocionais que habitualmente son motivo de consulta nunha terapia tradicional. Os motivos de consulta máis frecuentes costuman ser as fobias, medos, angustia, ansiedade, inseguridade, sentimento de culpa, obesidade, insomnio, alteracións psicosomáticas, cefaleas crónicas e disfunción sexual entre outras, así como tamén dificultades nos vínculos afectivos, medo ao compromiso afectivo ou relacións conflitivas.

As contraindicacións son relativas e dependen fundamentalmente de cada persoa en particular. Non se pode traballar con unha persona que tén as súas facultades mentais debilitadas ou alteradas xa que se require a comprensión intelectual para levar a cabo o traballo terapéutico. Tampouco se poderá traballar, obviamente, con unha persoa que tén infarto agudo de miocardio, ou unha arritmia en curso, contodo pode traballarse con persoas que realizan sen dificultade as súas actividades habituais. En relación aos nenos, é posible traballar con eles a partir do momento en que poden manter unha relación co terapeuta, mais o ideal é que o profesional teña experiencia no traballo con nenos e se teña treinado na TVP.

Coa Terapia de Vidas Pasadas é posible ir alén da resolución do síntoma orixinal. Se a persoa é consecuente co traballo terapéutico pode acadar outra consciencia de si mesma e do mundo que a rodea.

A Terapia de Vidas Pasadas pode axudar ao consultante a comprender a razón das circunstancias actuais, a asumir a responsabilidade da súa vida presente sen culpar a ninguén polas situacións que lle toquen vivir e, finalmente, encontrar o verdadero propósito e o sentido desta vida.

Doutor José Luis Cabouli, Agosto 2017.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Enlace ao artigo orixinal en castelán na web da Asociación Argentina de Terapia de Vidas Pasadas (AATVP):

https://www.aatvp.com/articulos/