Migración da web «En corpo e alma».
Desde marzo de 2023 levamos a cabo unha migración da web «En corpo e alma» debido a un problema técnico.
A extensión multilingua en funcionamento do seu «WordPress» xa non era mantida polos seus creadores e non admitía a incorporación de contidos nalgúns idiomas dos cales podiamos recibir traducións no futuro. Había que cambiar de extensión, pois, por outra que se mantivese actualizada.
Para aforrarmos en gastos de programación, migramos manualmente máis de novecentos cincuenta enlaces entre páxinas e entradas, ademais de completarmos a tradución das actuais páxinas ao idioma alemán, entre outras traducións realizadas.
A aparencia da nosa web non mudou moito, pois queremos que o seu acceso continúe sendo doado. O menú ten dentro algúns apartados desplegables. Se accedemos desde unha pantalla pequena, premendo o botón «Menú» despréganse ou recóllense os seus apartados. Se accedemos desde unha pantalla grande, o menú pódese ver na parte superior da pantalla.
Todas as entradas, incluso as máis antigas, están dispoñibles en catalán, castelán e inglés. Se unha entrada anuncia a tradución dunha páxina a un idioma ou uns idiomas diferentes do catalán, castelán ou inglés, tamén está dispoñible nos idiomas das novas páxinas. Antes víanse sempre as bandeiras de todos os idiomas da web, e podíase acceder nunha páxina ou unha entrada baleira. Agora só se visualizan as bandeiras das páxinas e das entradas que teñen os seus equivalentes á que se está visualizando.
Agradecemos a colaboración, para facilitarnos esta migración, tanto do técnico informático Daniel Monte de Agoranet.info, como de todo o equipo do servidor de Pangea Internet Solidario. Grazas tamén a todas as persoas que colaboraron ou colaboran nas traducións. Finalmente grazas a vós por compartirdes este recurso, que nos axuda, entre outras cousas, a coñecermos a reencarnación mediante os casos expostos, a sanarmos experiencias de sufrimento que poden provir ou non de vidas anteriores e ás entidades desencarnadas a reencontraren o seu camiño.
Equipo da web «En corpo e alma».
Luns, 4 de decembro de 2023.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.