Terapia Gestalt: A arte de fechar ciclos. Páxina.
Queremos informarvos que introducimos a páxina co artigo «Terapia Gestalt: A arte de fechar ciclos». Agradecemos ao Profesor Joan Garriga a súa redacción, á Profesora Chus Borrell o ofrecemento do artigo e a Vicenzo Reboleiro a súa tradución.
Equipo da web «En corpo e alma».
Sábado, 11 de xaneiro de 2025.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.
Ligazón da páxina do documento:
Terapia Gestalt: a arte de fechar ciclos.
Muitos de nós temos ciclos da nosa vida que non sabemos como concluir. Sucesos traumáticos da nosa infancia, certas dinámicas familiares, carencias ou excesos na nosa crianza, abusos, perdas, etcétera, poden provocarnos no futuro compulsións, adiccións e depresión. A Gestalt convídanos a tomar conciencia dos nosos patróns, do personaxe que temos creado, e axúdanos a fechar ciclos dunha forma adecuada. Estamos perante un escaparate e vemos algo que nos gusta. Que pasa cando centramos a nosa atención nese obxecto? Vémolo, apreciámolo en primeiro plano, mais detrás hai un fondo, un contexto de miles de cousas que poden estar alí ocorrendo: hai muitos obxectos máis no escaparate, hai xente dentro da tenda, xente que pasa a carón, un autobús que se detén na parada, dous homes que charlan nunha esquina… Do fondo, ou do contexto, saltou unha forma que acapara a nosa atención e que está en primeiro plano (…).
Texto: Joan Garriga (director Institut Gestalt Barcelona).
Terapias, cursos e formación en Lleida: Coaching Lleida i Isuri Gestalt Lleida. Chus Borrell Feliu.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.
Publicado na revista Guía & Ocio Lleida. Abril de 2005. Número 39. Páxinas 128‑129.