Terapia Gestalt: a arte de fechar ciclos.
Modelo: Carlota Wetzel. Foto: Marc Wetzel.
Guía & Ocio Lleida, abril de 2005.
Sanación.
Terapia Gestalt: a arte de fechar ciclos.
Muitos de nós temos ciclos da nosa vida que non sabemos como concluir. Sucesos traumáticos da nosa infancia, certas dinámicas familiares, carencias ou excesos na nosa crianza, abusos, perdas, etcétera, poden provocarnos no futuro compulsións, adiccións e depresión. A Gestalt convídanos a tomar conciencia dos nosos patróns, do personaxe que temos creado, e axúdanos a fechar ciclos dunha forma adecuada. Estamos perante un escaparate e vemos algo que nos gusta. Que pasa cando centramos a nosa atención nese obxecto? Vémolo, apreciámolo en primeiro plano, mais detrás hai un fondo, un contexto de miles de cousas que poden estar alí ocorrendo: hai muitos obxectos máis no escaparate, hai xente dentro da tenda, xente que pasa a carón, un autobús que se detén na parada, dous homes que charlan nunha esquina… Do fondo, ou do contexto, saltou unha forma que acapara a nosa atención e que está en primeiro plano.
La terapia Gestalt baséase nesta noción de fondo e forma para explicar cómo satisfacemos as nosas necesidades. Por exemplo, unha persoa tén sede. Esa é a forma: unha necesidade que saltou a primeiro plano desde o fondo. É urxente mitigar a sede, que xurdiu como unha manifestación física. Inmediatamente, a persoa toma conciencia: «teño sede». Actívase, móvese para conseguir auga. Finalmente consíguea, bebe e sacia esa necesidade. O ciclo ou «forma» da sede fechouse. Isto é moi ilustrativo desta terapia. Gestalt quere dicir «forma ou configuración», e o seu obxectivo é axudar as persoas a fechar ciclos. Mais ás veces, os ciclos inconclusos non son tan fáciles de fechar coma o da sede: hai ciclos de vida que non se puideron fechar, quizá porque eramos nenos e non sabiamos como facelo. As dificultades experimentadas na infancia e a maneira como se encararon poden facer que a persoa sinta un vacío interior que non sabe como encher. Entón comezan as compulsións, as adiccións, ou se vai cara a depresión… Os síntomas poden ser moitos. Como fechar este ciclo?
Unha terapia experiencial.
Na terapia Gestalt, o paciente non se limita a falar sobre o que lle pasa. O terapeuta convida o paciente, primeiro, a levar a súa atención ao aquí e agora, ás súas sensacións, ao corpo, aos xestos… A partir de alí, pode propoñerlle unha serie de recursos para darlle voz a unha sensación: «sinto unha opresión no peito», di o paciente. O terapeuta proponlle visualizar que é o que o oprime. Por exemplo, pode ser unha rocha enorme. O paciente pode pórlle voz a esa rocha. Se tivese voz, que diría? Portanto, durante unha sesión de Gestalt, que é unha terapia experiencial, convídase o paciente a vivir dita experiencia, non só a falar sobre ela. Porque falando, o que facemos son discursos, ideoloxía sobre o que está pasando e aínda que as palabras son imprescindibles para integrarmos o que vivimos, hai que cuidar que non nos desvíen do esencial. Portanto o terapeuta tamén pon atención en como o paciente vive a experiencia. En Gestalt dise que as persoas adoptamos posicións para afrontarmos as distintas situacións de vida, mais moitas veces estas posicións son «falsificacións» do que realmente somos. Construímos un personaxe que afronta unha situación desde unha posición xusticieira, dictatorial, reclamadora, agresiva, invasora, víctima…Mais, realmente somos así, ou é que nos «convén» sermos así? Neste sentido, a Gestalt convida a persoa a tomar conciencia destes patróns e a descubrir todos os seus rexistros, porque unha vez recoñecidos, todos os rexistros convírtense en recursos.
Recursos da Terapia.
Imaxinemos o caso dun paciente que aínda experimenta fortes emocións respecto a vellas escenas de neno relacionadas con seus pais. O «problema» é que seus pais xa faleceron… Como se fecha ese ciclo? Ás veces é tan simple como convidar o paciente a dicir todo o que leva reprimido durante anos (por iso sinte unha opresión no peito).
Para iso, a Gestalt utiliza numerosos recursos, todos eles extremadamente creativos: técnicas psicodramáticas ou expresivas, visualizacións, fantasías dirixidas, ou a técnica da cadeira quente e a cadeira vacía, entre moitas outras.
Así, o paciente pode sentarse na cadeira quente e colocar a seu pai na cadeira vacía. É o momento para dicirlle todo o que non pudo expresar. O paciente desabafa…, e despois pasa á cadeira vacía, tomando o lugar de seu pai.
Que lle diría seu pai? Que lle pasaba realmente? Quizá no se poda resolver nunha soa sesión, mais o paciente darase conta de aspectos novos e aliviará o seu peso. É neste momento cando a forma perde enerxía e, pouco a pouco, pasa ao fondo; daquela, o ciclo estará fechado.
Texto: Joan Garriga (director Institut Gestalt Barcelona).
Terapias, cursos e formación en Lleida: Coaching Lleida i Isuri Gestalt Lleida. Chus Borrell Feliu.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.
Publicado na revista Guía & Ocio Lleida. Abril de 2005. Número 39. Páxinas 128‑129.