Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli no xornal Reforma, México DF. Gl

Entrevista ao Doutor José Luís Cabouli no xornal Reforma, México DF.
Reforma. Logo.

por Natalia Vitela, México, 26 de Agosto de 2006.

Tradución: Vicenzo Reboleiro González.

Explican fenómeno de almas posuídas.

Algunha vez experimentou que o que pensa, di e actúa non é vostede e que o fai motivado por unha vontade allea á súa? Se é así non descarte a posibilidade de estar «posuído».

Polo menos, isto sostén o terapeuta arxentino José Luís Cabouli, quen practica a Terapia de Vidas Pasadas, e asegura que realizou máis de catro mil regresións, e nun dez por cento encontrouse con experiencias de posesión espiritual.

O autor de Terapia da posesión espiritual (Índigo), quen formou a máis de vinte terapeutas mexicanos, indica que ao falar de posesión non se refire ao que se mostra en películas como Ghost, cinta en que Sam (Patrick Swayze) se introduce no corpo dunha médium (Whoopi Woldberg) ou The exorcism of Emily Rose, película en que Emily Rose (Jennifer Carpenter) é posuída por un demo.

A que se refire con posesión espiritual? A quen lles pasa? E como poden resolvelo? Son algunhas das preguntas ás que responde Cabouli.

Que é a posesión espiritual?–

–Fálase de «posesión» porque así se lle denominou a través dos tempos, pois en aparencia, as persoas están posuídas, mais na realidade a alma desencarnada ou entidade espiritual dun defunto non pode entrar no corpo.

O que ocorre é que entra en contacto co campo vibratorio dunha persoa viva e produce unha interferencia, porque o psiquismo do morto mestúrase a nivel subconsciente cos pensamentos do vivo, non obstante este non está consciente do que sucede.–

Que é unha alma desencarnada ou perdida?–

–É a alma dunha persoa que faleceu e que, por algunha razón, queda atrapada no plano físico e non pode dirixirse á dimensión espiritual. A inconsciencia da morte e os lazos afectivos moi fortes son algunhas razóns, así como o querer coidar os seres queridos ou mesmo vingarse de alguén.

As persoas cren que se trata de demos, porén no noventa por cento dos casos son familiares. Hai tamén as «almas oportunistas», que se pegan cando as persoas se achegan a esculcar nun accidente ou van ao panteón e o seu campo vibratorio está aberto.–

Que é o campo vibratorio?–

–O campo vibratorio rodea aos humanos; habitualmente se coñéce como aura magnética. É un campo en constante vibración que envolve as persoas. Este pode ser modificado polos pensamentos, as emocións e as sensacións dos individuos.–

Como afecta a «posesión» á persoa interferida?–

–Cando o psiquismo do defunto se mestura coa mente subconsciente do vivo, a persoa pode experimentar sensacións e emocións que non lle pertencen e sufrir trastornos de comportamento; é coma se de súpeto houbese máis dunha vontade.

Nos casos de influencia severa, a alma perdida domina mente e vontade. Hai momentos en que a persoa perde a consciencia de si mesmo e maniféstase a outra, por iso cando se recupera deste estado, non sabe que pasou.–

Quen son máis susceptibles?–

–Unha interferencia non a ten calquera; sucédelles a quen teñen unha debilidade no campo vibratorio por mor de traumas psicolóxicos e físicos. O campo vibratorio dos nenos aínda non está ben formado, polo que son máis susceptibles.–

En que consiste o tratamento?–

–A persoa debe permitir falar, a través dela, á alma perdida. Primeiro hai que facerlle a terapia ao outro. A maioría das almas perdidas non saben o que está a pasar e hai que explicarlles a situación ou ver cal é a necesidade para quedar aquí no plano físico e axudalos a ir á dimensión espiritual.

En ocasións, as almas perdidas non se poden ir porque as persoas non as deixan, están a chamalas para que lles axuden.

Despois a persoa debe traballar co que facilitou que se lle «pegase» a alma.–

Síntomas da posesión espiritual.

As manifestacións clínicas que unha persoa pode padecer cando se encontra baixo a influencia de almas perdidas son:

  • Escoitar voces que falan dentro da cabeza ou fóra dela.

  • Pensamentos estraños e obsesivos.

  • Trastornos compulsivos.

  • Obsesións de todo tipo.

  • Personalidade múltiple.

  • Fobias e medos.

Ligazón á entrevista orixinal en castelán dentro do sitio web de Terapia de Vidas Pasadas:

https://www.vidaspasadas.com.ar/articulos/entrevista1.html