Temos o «Testemuño de Amy» en lingua galega.

Temos o «Testemuño de Amy» en lingua galega.

Bandeira galega animada.Grazas á excelente colaboración da profesora de lingua galega Elisa Borrazás, temos á nosa disposición o sobrecolledor Testemuño de Amy na lingua de Castelao. Neste caso, pertencente á obra do Doutor Michael Newton, a paciente lembra unha vida anterior onde cometeu suicidio por ter morto o seu noivo ficando solteira e embarazada no contexto social da Inglaterra victoriana.

Naquela encarnación, Amy non tivo suficiente valor e confianza no devir, a pesar da situación adversa que sufría e tivo que permanecer un longo periodo de tempo estancada na súa evolución, previa á posterior avaliación.

O doutor Newton móstranos os extraordinarios recursos que no período entre dúas vidas chegan a dispor algunhas almas para saberen as diferentes alternativas que se lle poderían ter ofrecido na vida anterior, no caso de ter tomado dicisións diferentes. Un coñecemento todavía vetado para as almas encarnadas como as nosas no actual estadio de evolución espiritual da Humanidade.

Equipo do sitio web «En corpo e alma».
Sábado, 24 de outubro de 2020.
Tradución da entrada ao galego: Vicenzo Reboleiro González.

A continuación informámosvos da nova páxina dispoñible en galego:

Testemuño de Amy. Caso de suicidio e paso pola biblioteca dos Libros da Vida.
No seguinte relato, unha paciente do Doutor Michael Newton, que aquí toma o nome de Amy, revive unha vida pasada na cal se suicida por atoparse solteira, embarazada e perder a súa parella nun accidente na Inglaterra victoriana. A súa alma queda estancada uns cen anos dedicada a reflexionar sobre o que fixo, ata que accede a unha biblioteca dos Libros da Vida. Alá establece un diálogo coa alma dun dos bibliotecarios, un experto mestre que a axuda a continuar o seu camiño de evolución espiritual (…).
Doutor Michael Newton. Destino de las almas. Un eterno crecimiento espiritual (Destino das almas. Un eterno crecemento espiritual). Páxinas 93-100.
Tradución: Elisa Borrazás.