Entrevista a Ennio d’Alba

Entrevista a Ennio d’Alba

Nota introductoria

Ennio d'Alba.O sistema espiritual de Ennio d´Alba funciona sobre a base dunha serie de regresións. Con todo non se trata de regresións para sabermos se no pasado fomos Napoleón ou Cleopatra (extrañamente, nas regresións, todo o mundo foi un personaxe famoso…).

É unha regresión en que a persoa busca establecer, ou restablecer, a unión co seu subconsciente, que é o que nos guía e asesora nesta vida. Para iso temos que realizar varias sesións nas cales o instrutor nos conducirá a outra dimensión onde recibiremos información e consellos que nos serán útiles na nosa vida e nos conducirán, se queremos, a emprendermos un camiño espiritual. Hai moitos tipos de regresións, e moitos mestres, cada un deles ten o seu sistema e a súa finalidade. O de Ennio d´Alba é único e, en España, a única persoa capacitada e autorizada para realizalas é Loto Perrella, que traballou moitos anos con el en Barcelona, asistíndoo nas sesións en que actuaba de tradutora, e en Roma, onde acudía regularmente; tamén traduciu o seu libro «O espertar da divindade no home», e estivo con el nos días finais da súa vida.

Loto Perrella.
Barcelona. Martes, 2 de abril de 2024.
https://radionicat.wordpress.com

Introdución

Este breve caderno1 distínguese dos demais por nacer dunha necesidade que xurdiu cando Ennio d’Alba autorizou a algúns dos seus discípulos a actuaren como instrutores, segundo o seu método.

Por primeira vez, entón, o instrutor ten que responder as preguntas do seu alumnado, que, con toda razón, queren saber quen é Ennio d’Alba, en que escolas se fundamentan os seus ensinamentos, a través de que mestres se formou e cal foi, en esencia, o seu percorrido espiritual.

Así que llo preguntamos directamente a Ennio d’Alba, nunha entrevista en que tivo a amabilidade de facilitarnos a información que se lle pedía, co fin de proporcionar respostas exactas.

A entrevista gravouse o 18 de febreiro de 2003, e dela extraeuse este caderno.

Marinella Bonasso e Anna Maria Venturini

A vida

Ennio Cafagna, cuxo nome místico é Ennio d’Alba, naceu en Roma o 26 de setembro de 1926. Creceu nunha familia que lle deu unha educación acorde coa época, en que se prestaba moita atención ás necesidades físicas do neno e moi pouca ás emocionais e psicolóxicas.

É un neno introvertido que se sinte só e pouco comprendido polos seus estritos pais, quen tentan dobregar a súa xa desenvolvida vontade, mesmo con castigos corporais. Axúdao moito a súa imaxinación da que está abundantemente dotado.

Ademais, é moi curioso e persegue a todo o mundo con preguntas constantes.

Na escola fai pouco, durante toda a primaria e os dous primeiros anos de secundaria. Os profesores non aprecian a un alumno que parece distraído e póñenlle malas notas.

Entón a imaxinación creativa e a visualización, pois diso se trataba, eran palabras sen sentido, mais o pequeno Ennio coñece por fin un profesor, un sacerdote intelixente, que o comprende e o axuda a entregarse aos estudos.

Aos 12 anos, sente a necesidade de ler libros diferentes, insólitos, que o guíen por un camiño que sente como propio, polo que aínda anda ás apalpadelas.

Séntese especialmente atraído polas disciplinas do ioga, cuxos exercicios tamén practica, e pola teosofía. Naquela época en Roma non era fácil conseguir textos sobre eses temas; había poucas librarías que os tivesen; el descobre unha na Piazza Colonna e convértese nun asiduo visitante.

A súa adolescencia transcorre tranquilamente entre amigos e lecturas, gusta das mozas, namórase con facilidade, idealizando o obxecto do seu amor.

Despois, os intereses que cultivou de adolescente pasan a un segundo plano ante as prioridades da vida; casa axiña e deixa Roma para trasladarse a outra cidade por motivos de traballo.

Con todo, o matrimonio non funciona e chega a ruptura.

Esta separación, coa decepción e a dor que lle seguen, é un acontecemento moi importante na súa vida, que o obriga a ollar dentro de si mesmo e retomar o fío da súa procura interior.

O camiño espiritual.

Naquela época, Ennio lía moito; aprendeu moitas filosofías orientais e occidentais, interesouse polas antigas escolas de misterios e o hermetismo e, «por casualidade», atopou nunha revista un anuncio dunha escola rosacruz, na que se matriculou inmediatamente.

A escola enriqueceu a súa cultura esotérica e hermética, mais para recibir as 12 iniciacións tiña que viaxar periodicamente a Lugano.

Mentres tanto, medita e na meditación establece contacto con Brunilde, o seu Subconsciente, que se lle aparece por primeira vez vestida de guerreiro e comeza a guialo, facéndolle recuperar antigas iniciacións recibidas en vidas pasadas e suxeríndolle as etapas do que logo será, ao longo de moitos anos e con moitas modificacións posteriores, o «camiño» espiritual, tal como o coñecemos hoxe.

Brunilde acompáñao; é a súa mestra durante moitos anos, porque Ennio, feito absolutamente excepcional, a diferenza do resto de todos nós, non tivo un mestre humano que lle acurtase o camiño. Dela extrae tamén a inspiración para os poemas que empeza a publicar.

Por consello de Brunilde, elixe o seu nome místico, que substituirá o seu, segundo o costume, para traballar na esfera espiritual.

Un día, Ennio atópase en Alba (Piamonte). De súpeto chámalle a atención a imaxe do catro evanxelistas na fachada da catedral baixo a forma dos seus respectivos animais, cada un representando unha das catro constelacións que forman a «gran cruz fixa» da astrología: Acuario, Leo, Boi [Touro], Escorpio, cuxo símbolo é a Aguia. Xuntos forman o nome de ALBA.

Os evanxelistas tamén simbolizan os catro elementos: aire, lume, auga e terra, elementos que tamén están representados por cada unha das letras hebreas que forman o nome Jahve. Simbólicamente, é unha imaxe completa da Creación, e así comprende a razón do seu nome, que lle suxeriu Brunilde.

Durante ese tempo dá conferencias, celebra seminarios nos que tamén se fan exercicios de visualización, tenta difundir o que aprendeu e que xa forma parte íntima de si mesmo.

Ennio d'Alba. El Despertar de la Divinidad en el Hombre («O Espertar da Divindade no Home»). Portada. Castelán.Tamén escribe algúns dos seus cadernos2, e toma forma o primeiro volume de «O Espertar da Divindade no Home»3, que máis tarde será traducido ao alemán e logo ao español. Tamén nesa época entra en contacto con algúns mestres chamanes (esta vez de carne e óso) e, aínda que considera que ese camiño non é o máis adecuado para a forma mentis do home occidental, extrae deles útiles ensinamentos.

En Lugano, Ennio alcanza o grao 12, a última iniciación rosacruz, e nesa ocasión atópase co seu Mestre persoal.

O Mestre óllao coma se quixese escudriñar a súa alma, mírao fixamente aos ollos e logo desaparece, deixándoo decepcionado e erroneamente convencido de que non foi aceptado.

Fala diso cos seus instrutores e dáse conta de que ningún deles chegou nunca a ese nivel. O Mestre que se lle apareceu é un descoñecido para el e só máis tarde, «por casualidade», ve o seu rostro retratado xunto co dalgúns outros Mestres, nun libro que atopa nun posto de venda. Naturalmente, cómprao.

É o Mestre Lahiri Mahasaya, un discípulo de Babaji, que viviu en Oriente, e que continúa aparecéndoselle despois, alternando cos outros do retrato.

Neste punto termina o seu camiño cos Rosacruces. Déronlle unha educación principalmente cultural, reducíndose ao mínimo os ensinamentos esotéricos da escola, salvo as cerimonias iniciáticas, que non se explicaban. Había moito aparello e pouca sustancia.

Non obstante, estas cousas empurráno como un resorte e, sobre todo, leváno a Suíza.

Lugano era un punto obrigado no seu camiño; o seu Mestre encargouse de que chegase alí no momento oportuno.

«Adoitaba ir ás reunións adecuadas», di Ennio, «ía aos lugares adecuados,… aí empezou todo. Coñecín unha señora que me aclarou o camiño e presentoume a xente conveniente. Aí empezou todo».

Ela preséntalle a xente que lle axuda para que poida empezar a facer as súas primeiras sesións como instrutor, agora sempre individualmente, para experimentar noutros o camiño que lle fixo facer, ao longo do tempo, o seu Subconsciente.

De novo a través das persoas que coñeceu en Suíza, entrou en contacto cunha asociación esotérica americana chamada BOTA, «The Builders of the Adytum», (en italiano I Costruttori do Tempio [interiore]), Os construtores do templo interior), e, tras o seu encargo, comezou a traducir para os estudantes italianos os fascículos que esa escola enviaba aos seus alumnos franceses.

Realiza o traballo en pouco tempo, tal e como lle pediron. Foi esgotador, pero enriqueceu o seu coñecemento con catro ciencias herméticas: Alquimia, Tarot, Cábala e Astrología e iso permítelle ordenar as distintas pezas da visión esotérico-hermética do mundo.

Neses anos, Ennio aínda non é o que se chama un «mestre realizado», é dicir, a transición do seu mestre persoal ao Mestre Cósmico, coa súa identificación con El, é unha transformación que aínda non se produciu. Non obstante axudar os demais tamén acelera o seu camiño.

Finalmente, aos setenta anos, Ennio é un Mestre.

Grazas aos seus intereses, inicialmente culturais, mais xurdidos do profundo do seu ser, aos seus estudos, á súa meditación sostida por unha férrea vontade de continuar adiante, sen a axuda dun instrutor externo, o que era a súa tarefa nesta encarnación, a última como ser humano, consumouse.

Agora tamén pode mostrar aos demais, de maneira total, a vía iniciática do «Camiño Espiritual».

4
E agora
que cumprín esta vida
óllome a min mesmo
como desde fóra
para admirar
a Grande Obra
en min realizada
grazas a Ti, Oh meu Señor!
É un edificio inmenso e poderoso,
eterno e inmortal,
unha divindade entre os mortais
presente en varios mundos
para manifestar, no teu Servizo,
A túa Gloria na creación
para poder sanar e harmonizar todas as cousas
eliminando a torpeza
das mentes humanas
a única desorde actual nesta terra
entre tanta orde no universo.

Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Notas:

1 2 Cadernos de Ennio d’Alba. Impresos polo A., os Cadernos apoian as sesións vivenciais, e son 42 en número.

3 Ennio d’Alba – volume 1: Il risveglio della divinità nelluomo: a via dellamoreconoscenza – Roma: Fermenti, 1988; Ennio d’Alba – volume 2. Il risveglio do divino nelluomo. A realizzazione: sistemi iniziatici operativi – Roma: Fermenti, 1997.

4 O poema é de Ennio d’Alba.