
José Luis Cabouli. Sanando el femenino herido. La vía de la terapia de vidas pasadas (Curando o feminino ferido. O camiño da terapia de vidas pasadas). Edicións Isthar. Primeira edición: xullo de 2024. ISBN impreso: 978-84-19619-65-5. ePub ISBN: 978-84-19619-66-2. 376 páxinas.
Que é o Eterno Feminino? A que nos referimos cando falamos do Feminino? Cal é a ferida do Feminino? Como e cando se orixinou esta ferida? Cales son os seus efectos na nosa vida diaria?
A ferida do Feminino é unha antiga dor que comeza coa aparición da espada e o seu poder de morte e dominación sobre o poder dador de vida do Feminino.
Partindo da definición do Feminino, expoñendo os principais motivos que levaron á súa anulación e sometemento, o autor mergúllanos en dezasete historias reais de persoas que reviviron en regresión a orixe e a curación do seu propio Feminino ferido.
As nosas vidas pasadas son unha evidencia viva e palpable do sufrimento en que desenvolveu a nosa civilización actual. Aquí temos a experiencia íntima de quen viviron a dor desta ferida en si mesmas.
A través destas historias e dos testemuños das súas protagonistas podemos comprobar que a Terapia de Vidas Pasadas ou terapia de regresión nos ofrece un xeito ideal e eficaz de curar o Feminino ferido.
Esta obra tamén é fruto da propia evolución do autor, mestre de Terapia de Vidas Pasadas, que comparte aquí o espertar do seu propio Feminino interior.
 
					 Queremos informarvos que introducimos a páxina co artigo «Terapia Gestalt: A arte de fechar ciclos». Agradecemos ao Profesor Joan Garriga a súa redacción, á Profesora Chus Borrell o ofrecemento do artigo e a Vicenzo Reboleiro a súa tradución.
Queremos informarvos que introducimos a páxina co artigo «Terapia Gestalt: A arte de fechar ciclos». Agradecemos ao Profesor Joan Garriga a súa redacción, á Profesora Chus Borrell o ofrecemento do artigo e a Vicenzo Reboleiro a súa tradución. Dispoñemos, dentro do apartado «Multimedia», do video curto explicativo titulado «El crédito cósmico» do Doutor José Luis Cabouli, na súa versión subtitulada en galego.
Dispoñemos, dentro do apartado «Multimedia», do video curto explicativo titulado «El crédito cósmico» do Doutor José Luis Cabouli, na súa versión subtitulada en galego.